Un total de 233 persoas competirán polas 37 prazas que se ofrecen, das que 11 son vacantes e 26 son de nova creación. O proceso arrancou este martes no Pazo de Feiras e Congresos co exercicio teórico, e desenvolveuse sen incidencias e dentro dos prazos previstos
Lugo, 8 de setembro de 2026. O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu este martes o inicio do proceso selectivo para cubrir 37 prazas de bombeiro-condutor do Consorcio Provincial de Bombeiros, co obxectivo de reforzar os servizos nos seis parques comarcais: Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte, Chantada.
Este é o primeiro proceso selectivo que se celebra desde a constitución do Consorcio e para o que se presentaron 233 persoas procedentes de diferentes puntos de dentro e fóra de Galicia. Entre os aspirantes figuran profesionais vinculados a distintos parques de bombeiros de Galicia, así como persoal interino do propio Consorcio Provincial e do Concello de Lugo.
Trátase dun dos compromisos adquiridos no marco do novo convenio e a nova relación de postos de traballo do Consorcio aprobados durante o ano 2025. Actualmente, o a cadro de persoal do Consorcio conta con 120 prazas.
Das 37 prazas que saen a concurso-oposición, 26 son de nova creación e 11 son postos que están vacantes neste momento. O proceso arrancou este martes coa proba de coñecementos teóricos, que consistiu nun exame test de 100 preguntas (25 do temario xeral e 75 do específico), e nunha xornada na que se desenvolveu sen ningunha incidencia e dentro do tempo previsto.
A selección continuará con probas físicas (resistencia orgánica, forza, axilidade, natación…) e probas físico-profesionais (aptitude en espazos confinados, en altura, despregamento de mangueiras…). Por último, o proceso completarase coa fase de concurso, no que se valorará o tempo traballado en servizos de emerxencias. A previsión é que o proceso estea finalizado este ano.
Outras melloras
O aumento do persoal dos parques comarcais de Bombeiros súmase a outras melloras levadas a cabo para mellorar a estabilidade e seguridade laboral dun servizo esencial na protección das persoas e dos bens fronte aos incendios e outras emerxencias.
Algunhas desas melloras consistiron nun aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, na redución de 158 horas anuais (de 1.800 a 1.642), o recoñecemento como persoal laboral fixo de traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación que se produzo o 1 de maio de 2019, permisos e licenzas, melloras no equipamento e na roupa de traballo, redución da mobilidade entre parques comarcais, axudas sociais e disposición de asuntos propios.
O orzamento destinado ao Consorcio para este ano 2026 permitirá tamén afrontar melloras nas instalacións dos parques. As obras comezarán proximamente e está previsto que os traballos se prolonguen durante aproximadamente dous ou tres meses.


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



