O Vicedo, 8 de setembro, 2026. O vinceiro sábado, día 12, o Teatro das Cortes acollerá unha tarde de humor e música coa presenza dos actores Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, que chegarán ao municipio para ofrecer unha antoloxía dos mellores números de Mofa e Befa.
A compañía, referente do humor galego desde comezos dos anos noventa, percorreu Galiza e boa parte da península co seu inconfundible humor perralleiro, consolidándose como unha das propostas escénicas máis recoñecibles do país. No Vicedo presentarán un popurrí dos seus sketchs máis celebrados, nun espectáculo de variedades pensado para todos os públicos.
A continuación, o público poderá desfrutar dun concerto de cantigas galego‑portuguesas a cargo de Xico de Cariño e Servando Barreiro. A proposta musical nace da lingua común e do encontro cultural entre Galiza e Portugal, recuperando a tradición oral, as cantigas populares e temas de autor para cruzar memoria, identidade e creación contemporánea.
Os artistas interpretarán e narrarán historias das dúas beiras do Miño:
Xico de Cariño: harmónica, percusión e voces
Servando Barreiro: voz, guitarra e concertina
Todas as actividades serán de balde.
Programa
18:30 h – Antoloxía de Mofa e Befa
20:30 h – Concerto de Xico de Cariño e Servando Barreiro
A iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Volta e Dálle, co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do Concello do Vicedo.





















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



