Ribadeo, 8 de setembro de 2026. Este martes rematan as festas patronais de Ribadeo. A vila rende homenaxe á súa patroa, Santa María do Campo. Pola mañá tivo lugar a recepción de autoridades no Concello, que percorreron a pé acompañadas polo cuarteto de gaitas Illa Pancha, o treito que separa o Pazo de Ibáñez e a igrexa parroquial, onde se celebrou a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo.
A chuvia obrigou a suspender a procesión e o concerto da Banda Municipal ribadense.
No recinto feiral houbo sesión vermú a cargo do Dúo Matices e para as dez da noite está previsto o inicio da festa verbena amenizada polo Grupo D’Cano. E ás once subirá ao escenario Mägo de Oz, actuación estelar das festas patronais de Ribadeo 2026.
O alcalde, Dani Vega, agradece “o traballo desenvolvido pola comisión organizadora das festas, grazas ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, á Policía Local, aos voluntarios de Protección Civil, ás concelleiras e concelleiros do equipo de goberno, aos bombeiros, aos traballadores municipais e a todas as persoas implicadas para que estes festexos fosen un éxito. Grazas ás administracións públicas polo seu apoio, á Xunta de Galicia, á Deputación de Lugo e tamén a todos os patrocinadores. Todos xuntos facemos que Ribadeo avance”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



