O programa conta cunha dotación de 1,2 millóns de euros ampliables, por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Trabada, 9 de setembro de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, destacou hoxe en Trabada o compromiso do Goberno cos novos agricultores e gandeiros ofrecendo estancias formativas en explotacións modelo de toda España co Programa Cultiva, que conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
“Dende o Goberno mantemos unha clara aposta polo sector primario, fundamental para a nosa provincia, capaz de xerar emprego e impulsar a economía, ao tempo que axuda a fixar poboación nos nosos municipios”, subliñou López durante unha visita a unha explotación agrícola en Trabada que participa neste plan estatal.
A subdelegada, acompañada do alcalde de Trabada, Rubén García, explicou que este programa do Ministerio de Agricultura ten como obxectivo ofrecer, a profesionais agrarios titulares de explotación de ata 40 anos e para aqueles de máis de 41 que se instalasen nos últimos cinco anos, formación práctica de 5 a 14 días en explotacións modelo, “onde teñan a oportunidade de adquirir e consolidar coñecementos sobre aspectos técnicos e de xestión que logo aplicarán no desenvolvemento da súa propia actividade agraria”.
Así, Breogán e Sergio son os donos dunha horta dedicada á produción hortícola baixo os parámetros de agricultura ecolóxica. A maioría da súa produción comercialízase en comercios moi próximos a Fórnea, a aldea na que crearon a súa cooperativa. O próximo mes de maio esperan recibir a un solicitante que desexe realizar a súa estancia dentro do plan con eles.
Durante o encontro, Olimpia López animou a todos os interesados a realizar a súa solicitude antes do 15 de setembro, que termina o prazo, e puxo en valor este tipo de iniciativas que “amosan o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co sector agrario, favorecendo a incorporación da mocidade e potenciando a súa profesionalización, co principal obxectivo de responder a un dos retos máis relevantes aos que nos enfrontamos actualmente, o relevo xeracional”.
En relación ao Programa Cultiva, a subdelegada engadiu que o Goberno faise cargo dos gastos de aloxamento, manutención e transportes dos participantes nas estancias formativas. Coa de Trabada, na provincia participan 22 explotacións modelo de acollida situadas en A Pontenova, Chantada, Friol, Carballedo, Ribeira de Piquín, O Incio, Ribadeo, Becerreá, Vilalba, Outeiro de Rei, Triacastela, O Corgo, Pantón, Mondoñedo, Begonte e Negueira de Muñiz. En cada unha hai un responsable de formación encargado de transmitir, desde a súa experiencia e tipos de produción, coñecementos prácticos e técnicos que os mozos poidan despois aplicar nas súas explotacións.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



