
Screenshot
Ribadeo, 16 de setembro, 2026. O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo celebrou a súa lección inaugural cun acto dedicado á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, Marqués da Ría de Ribadeo, Presidente do Goberno entre 1981 e 1982 e antigo alumno do centro entre 1936 e 1940. O instituto agradece a colaboración de José María Calvo-Sotelo Ibáñez Martín e Carlos Álvarez Lebredo, encargados de impartir a conferencia titulada “Ribadeo na vida e obra de Leopoldo Calvo-Sotelo”.
José María Calvo-Sotelo, sexto dos oito fillos do homenaxeado, destacou catro escenarios que evidencian a forte vinculación do seu pai con Ribadeo: A novela Ribanova (1928), escrita polo seu avó; a relación con Ramón Bustelo, avó liberal co que viviu na Casa de Abaixo; o seu paso polo Instituto de Ribadeo; e a súa faceta como enxeñeiro de camiños, que —xa como político— impulsou a construción da Ponte dos Santos.
Pola súa banda, Carlos Álvarez Lebredo, sobriño neto do expresidente, analizou obras como Pláticas de familia ou Poesía en la tangente, nas que Ribadeo aparece como espazo esencial na vida persoal, familiar e política de Calvo-Sotelo. Tamén revisou estudos e entrevistas como Conversaciones con Leopoldo Calvo-Sotelo ou Leopoldo Calvo-Sotelo, un retrato intelectual, onde se recollen numerosas referencias ao pobo e ás súas xentes. Non é casualidade que figure entre os 44 “Ribadenses destacados”, pois, malia nacer en Madrid, sempre se considerou ribadense e escolleu descansar para sempre na vila, así como o título de Marqués da Ría de Ribadeo.
O IES de Ribadeo agradece tamén á Familia Calvo-Sotelo o agasallo de numerosos libros para a biblioteca, o alumnado e o público asistente, así como a cesión das fotografías incluídas na axenda escolar deste curso. A contraportada incorpora unha nota autobiográfica do propio Leopoldo Calvo-Sotelo e un retrato do pintor Álvaro Toledo. Como curiosidade, na portada da axenda aparece a promoción de graduados do curso anterior, entre os que se atopa Elisa Calvo-Sotelo Fernández-Catuxo, a neta máis nova do Marqués da Ría de Ribadeo.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



