O grupo municipal levou ao pleno de setembro as deficiencias de accesibilidade no casco urbano e en Palmeiro e reclamou actuacións pendentes dende hai máis dun ano
Xove, 16 de setembro de 2026. O PSdeG de Xove reclamou no pleno de setembro que o futuro centro de día, que xestionará COGAMI, conte con tarifas adaptadas á renda das persoas usuarias, ao considerar que os prezos previstos son similares aos dun centro privado malia tratarse dun equipamento construído con fondos públicos. As e os socialistas pediron tamén explicacións sobre o funcionamento e a posta en marcha do servizo, pero o alcalde, Demetrio Salgueiro, recoñeceu que aínda descoñece cando abrirá.
Dende o PSdeG valoran positivamente que Xove vaia contar con este recurso, unha das demandas que formularon ao comezo deste mandato, pero cuestionan as condicións económicas de acceso. “Non entendemos que un centro construído con cartos de toda a veciñanza, nun terreo público, teña unhas tarifas como as dun centro privado. O PP debe ter en conta a renda para facilitar o acceso as persoas que máis o necesitan”, sinalan.
As e os socialistas esixen tamén que se concrete a súa apertura. “Non é aceptable que as persoas maiores teñan que agardar nunha marquesiña á intemperie. Salgueiro leva vinte anos gobernando e tivo que ser o PSdeG quen lle lembrase que Xove necesita un centro de día. Agora debe explicar cando abrirá e en que condicións, porque as persoas maiores e as súas familias necesitan respostas”, sosteñen.
A accesibilidade foi outro dos asuntos centrais da intervención socialista. O grupo advertiu do funcionamento irregular do sinal acústico dos semáforos, especialmente do situado fronte ás vivendas sociais, e preguntou pola súa revisión. Segundo explican, o alcalde limitouse a aludir ao cumprimento da normativa europea, sen aclarar as incidencias.
En Palmeiro, reclamaron revisar a distribución das prazas de estacionamento reservadas para persoas con discapacidade e habilitar polo menos dúas máis preto dos accesos adaptados aos edificios. Tamén pediron mellorar o estado das xardineiras e dotar de alumeado público o acceso ao antigo colexio.
A formación solicitou sinalizar como vías de prioridade peonil o tramo do Camiño Real comprendido entre a casa Patrocina e a farmacia, así como a rúa de acceso á residencia de San Bartolomé, para reforzar a seguridade de nenos e nenas e persoas maiores. Ademais, volveu reclamar a recuperación dos lavadoiros do Cruceiro e a mellora dunha curva perigosa na estrada que conduce á ponte da vía do tren, actuacións solicitadas hai máis dun ano que o PP se comprometera a atender.
“Tras vinte anos no poder, Salgueiro non pode seguir respondendo con escusas e promesas incumpridas. Continúan as restricións de auga, as actuacións pendentes e as barreiras de accesibilidade que denunciamos unha e outra vez. A súa falta de xestión obriga a veciñanza a convivir con problemas que coñece e non resolve. Xove merece máis ca un alcalde pendente das fotos das festas mentres desatende as súas responsabilidades”, conclúen dende o grupo socialista.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


