Xove, 20 de setembro, 2026. O Concello de Xove está a executar unha actuación de mellora da sinalización viaria en diferentes puntos do municipio, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e peonil, optimizar a ordenación do tráfico e facilitar o estacionamento.
Os traballos estanse a desenvolver en varias rúas e vías de acceso ao casco urbano, así como en tres puntos concretos nos que se considerou necesario reorganizar os espazos de circulación e aparcamento.
A primeira intervención consistiu no repintado do casco urbano de Xove, renovando a delimitación das zonas reservadas existentes, as prazas de estacionamento accesible, os espazos de carga e descarga e os pasos de peóns.
A segunda actuación afectou a vías urbanas e periurbanas de acceso ao núcleo: a rúa Dr. José Baamonde Illade, no seu tramo urbano; a LU-P-2604 ao seu paso polo barrio de Lamaboa; a rúa Acceso ao Campo de Fútbol, ata Ancil; e o acceso desde Regosangüento á LU-862. Nestes tramos, os traballos centráronse no repintado das delimitacións dos carrís e da sinalización horizontal.
A terceira intervención desenvolveuse en tres puntos específicos: o aparcadoiro situado xunto ao Centro de Saúde, o tramo da rúa Acceso ao Grupo Escolar fronte ao CEIP Pedro Caselles Rollán e a Urbanización Palmeiro. En todos eles realizouse un novo deseño da sinalización para favorecer un uso máis ordenado das zonas de circulación e estacionamento.
No aparcadoiro do Centro de Saúde delimitáronse os carrís interiores e as prazas individuais, ademais de sinalizar pasos, zonas para contedores, estacionamento da Garda Civil, prazas accesibles e inscricións de STOP. Tamén se incorporou sinalización vertical de dirección prohibida e estacionamento accesible.
Na contorna do CEIP Pedro Caselles Rollán repásase e complementouse a sinalización horizontal para mellorar a circulación nos momentos de entrada e saída do alumnado.
Na Urbanización Palmeiro reorganizouse a circulación interior de vehículos e peóns e delimitáronse as zonas de estacionamento, incluíndo novas prazas accesibles.
En todos os casos, os traballos incluíron repintado e modificación da sinalización horizontal, pasos de peóns, zonas reservadas, prazas accesibles, inscricións de STOP, limitacións de velocidade e dirección, así como a incorporación de sinalización vertical.
Esta actuación forma parte do convenio asinado polo Concello de Xove coa Consellería de Industria e foi executada pola empresa GCS, cun investimento superior aos 45.500 euros.
Ademais, os traballos complétanse coa renovación da pintura da sinalización horizontal que a Xunta de Galicia vén de realizar na Avenida Diputación, principal vía de comunicación do municipio, deixando totalmente renovada a sinalización horizontal do núcleo urbano.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



