Viveiro, 17 de setembro, 2026. O GALP A Mariña-Ortegal organiza o seu primeiro Obradoiro de Batchcooking de Pesca Saúde, unha actividade práctica de cociña impartida por profesionais da restauración e da nutrición. O obxectivo é aprender a planificar sesións de cociñado para preparar menús semanais saudables incorporando produto pesqueiro de proximidade.
O curso consta de dúas sesións de 4 horas que se celebrarán o martes 29 e mércores 30 de setembro, de 16.30 a 20.30 h, na Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa de Burela (Rúa O Río, 9, entrechan 1. Burela).
A actividade é gratuíta e cómpre inscribirse na web do proxecto (pescasaude.gal) ou no teléfono 627 570 949.
Nesta primeira edición, a restauradora convidada será Mar Orosa, chef do Restaurante El Oviedo (Ribadeo), acompañada pola nutricionista Valeria Freijedo, de Arela Saúde. As persoas asistentes aprenderán técnicas e trucos para aproveitar o produto pesqueiro e elaborar receitas sinxelas que lles permitan organizar menús semanais equilibrados.
O curso contará tamén coa participación da Confraría de Pescadores de Burela, que explicará a importancia do consumo de produto local, os métodos de extracción e as especies mariñas dispoñibles na contorna.
🟦 Programa do curso
O obradoiro centraráse no uso de produto pesqueiro de proximidade para crear menús semanais saudables e adaptados a cada persoa. Traballarase con receitas base que se poden combinar en diferentes pratos, e explicaranse os métodos máis eficientes para cociñar peixe e marisco sen perder sabor nin propiedades.
Tamén se abordará:
Que especies son máis axeitadas para conservar na neveira ou no conxelador.
Técnicas para optimizar o tempo na cociña.
Uso de ferramentas e recipientes axeitados para conservar alimentos.
Preparación de bases reaproveitables para reducir o desperdicio alimentario.
As persoas participantes recibirán un receitario, unha guía de consellos e información nutricional, un mandil e unha bolsa da compra exclusiva elaborada con redes de pesca reutilizadas e plásticos reciclados pola Asociación de redeiras de Cariño, en colaboración coa Aula Sostible do Freixo (Outes).
Que é Pesca Saúde?
Pesca Saúde nace como resposta ao descenso progresivo do consumo de peixe fresco e ao avance dos ultraprocesados na dieta, unha tendencia asociada ao aumento de enfermidades cardiovasculares, metabólicas e inflamatorias. O proxecto defende o consumo regular de produtos do mar non só como unha cuestión dietética, senón como unha estratexia de saúde pública apoiada na evidencia científica, dado o seu papel no benestar cardiovascular, cerebral, óseo, muscular, inmunitario e metabólico.
Con este obxectivo, ao longo de 2026 véñense realizando campañas en centros de saúde, xornadas divulgativas con expertos en medicina e nutrición e actividades en prazas e mercados, incluíndo sorteos e demostracións de cociña en vivo.
A iniciativa está financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través da Consellería do Mar, e nela participan sete GALP que cobren boa parte do litoral galego: Ría de Vigo-A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Costa Sostible, Costa da Morte, Golfo Ártabro Sur e A Mariña-Ortegal. Conta ademais coa colaboración da Consellería de Sanidade, de xeito que o proxecto une as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos GALP coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



