Allegue fixo fincapé na aposta da Xunta por mellorar as comunicacións na Mariña e lembrou que se vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo para impulsar a variante leste de Viveiro
Viveiro, 24 de setembro de 2026. A Xunta somete a información pública o proxecto para mellorar a seguridade viaria na intersección das estradas LU-862 e LU-539 en Viveiro. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, deu conta hoxe esta actuación.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio deste trámite e segundo explicou a conselleira, “dende mañá e durante 30 días hábiles poderanse presentar achegas que logo se estudarán para incorporar no posible”.
Trátase dunha intervención na que a Xunta mobilizará un investimento estimado de arredor de 950.000€.
Esta actuación inclúe a construción dunha glorieta con ampla capacidade nesta intersección de estradas, así como o acondicionamento das 4 vías de acceso á rotonda.
Por unha parte, nesta intersección das estradas LU-862 e LU-539, construirase unha glorieta circular máis funcional e segura, que permitirá ordenar os xiros, aumentará a visibilidade nas manobras e acadará maior fluidez da circulación e seguridade nesta zona.
Por outra parte, urbanizaranse as 4 vías de aproximación a esta glorieta. Renovarase o pavimento, adecuaranse as beirarrúas, crearanse zonas axardinadas e colocarase nova sinalización.
A conselleira subliñou o dobre obxectivo da actuación: “dunha banda, os condutores acadarán unha circulación máis fluída e segura; e doutra banda, os peóns disporán dunha contorna máis accesible e humanizada para os seus desprazamentos a pé”.
Remarcou que se acadará unha transformación deste enclave no que se atopan edificios residenciais, comercios, centros educativos e sanitarios, así como a capela da Nosa Señora da Misericordia.
Fixo fincapé na aposta da Xunta por mellorar as comunicacións na comarca da Mariña e lembrou que se vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo para impulsar a variante leste de Viveiro.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



