A Mariña, 24 de setembro de 2026. O turismo na Mariña segue unha liña ascendente. Así se puxo de manifesto na mesa redonda celebrada esta mañá en Foz. A cita foi organizada pola FCAM (Federación de Comercio A Mariña).
O balance do verán é positivo, así o reflicten os datos que manexan os negocios, as asociacións de comerciantes, as entidades e as administracións públicas. Todos destacaron que o período estival cada vez se alonga máis debido á boa climatoloxía que se rexistra nesta zona, que segue a ser un auténtico refuxio e oasis para os visitantes chegados desde o sur ou do centro de España. E coincidiron en subliñar a cada vez máis importante presenza do turista estranxeiro, agora tamén en xullo e agosto, pero sobre todo en setembro.
Desestacionalizar e redistribuír os fluxos de visitantes desde a costa cara os municipios do interior foi outro dos asuntos no que se fixo fincapé neste foro de reflexión, xa que todos teñen moito que ofrecer ao turista. Moitas son as persoas que, procedentes doutros puntos da península, se están a asentar na Mariña tanto no litoral coma no interior, xa que ou teletraballan ou apostan por iniciar un proxecto de vida nesta comarca.
Pola Mariña pasaron este verán turistas chegados de Madrid, Castela e León, Asturias, Cataluña ou Andalucía, por citar uns cantos exemplos, e os internacionais fixérono procedentes de Francia, Reino Unido, Alemaña, Estados Unidos ou Bélxica. Os Países Nórdicos tamén están moi presentes nos cámpings da zona. Os poñentes aludiron á ocupación hoteleira que foi moi alta en agosto, debido en parte ao eclipse solar do día 12, momento no que moitos establecementos colgaron o cartel de completos.
O de 2026 foi un verán descrito como marabilloso, que pasou sen incidencias destacables e coa visita de milleiros de persoas á comarca da Mariña. O turismo vai en ascenso e todo apunta a que así seguirá ao longo dos vindeiros 25 ou 30 anos, segundo se indicou na mesa redonda organizada pola FCAM no día de hoxe en Foz.
A mellora de infraestruturas como as estradas ou uns bos servizos de tren e de autobús foron outras das demandas abordadas esta mañá así como dotar de máis persoal aos centros de saúde durante o verán.
Na mesa redonda da FCAM participaron Moncho García, propietario de Atalaia Camper Park; Emma Álvarez, directora financeira de Grupo Llano Ponte; Tania Hermida, xerente de Turismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña; José Carlos Paleo, presidente de Acia Foz-CCA; Paloma Vázquez, xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo; Fran Cajoto, alcalde de Foz e deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM.
Vindeira actividade
A vindeira actividade organizada pola FCAM será a visita que realizará á comarca a mediados de outubro o xornalista e escritor Pepe Ribagorda para facer promoción do comercio, da hostalería e do patrimonio da Mariña lucense.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



