Foz, 25 de setembro, 2026. A programación do Itinerario Constelacións do programa de intercambio cultural Camiño Escena Norte (CEN) chega mañá a Foz. A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro presentará este sábado, 26 de setembro, a obra Juana I de Castilla na Sala Bahía, nunha función dirixida a todos os públicos a partir de 8 anos e cunha duración de 55 minutos. A peza aborda a figura histórica de Juana I desde unha perspectiva contemporánea, combinando humor, música e ironía para reflexionar sobre cuestións que seguen vixentes hoxe. Ao rematar, o público poderá participar nun encontro posfunción co elenco.
Sinopse · Juana I de Castilla
Dúas mulleres reais ao servizo da ficción: Juana, herdeira lexítima do trono dos Reis Católicos, e María Lara, investigadora contemporánea. A obra propón un diálogo atemporal no que se entrelazan dous momentos da historia, revelando circunstancias que permanecen inalteradas ao longo dos séculos: dúbidas, medo, presión social, mentiras, ambición… Máis coñecida como a Tola, Juana podería ter sido unha das monarcas máis preparadas da súa época. E se non estaba tola?
Nueve Lunas Teatro
Nueve Lunas Teatro é unha compañía da Rioxa liderada por Idoia Salguero, creadora de proxectos que combinan lixeireza formal con temas sociais. A súa proposta céntrase nun teatro íntimo, transformador e comprometido, que busca a proximidade co público e a creación de espazos de reflexión. O nome da compañía remite aos ciclos da xestación: cada obra é un proceso vivo que evoluciona ata o seu nacemento escénico.
Camiño Escena Norte
CEN é unha iniciativa das asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa. O programa exhibe parte da mellor produción escénica dos seis territorios, con propostas que abranguen teatro, monicreques, danza, circo contemporáneo e outras linguaxes. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación de Lugo, entre outras institucións.
📅 Axenda en Foz
26 de setembro de 2026 · 19:30 h
Sala Bahía (Foz)
Juana I de Castilla, de Nueve Lunas Teatro (A Rioxa)
Entrada: 5 € (venda en billeteira)
Encontro posfunción co público























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



