Daniel Castro denuncia o mal estado do centro: humidades e filtracións, aseos en estado insalubre, desprendementos ou barreiras de accesibilidade
Santiago de Compostela, 8 de outubro, 2026. A través dunha pregunta parlamentaria, o deputado pola comarca do BNG, Daniel Castro, fíxose eco na Comisión de Educación das reivindicacións da comunidade educativa do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Vista Alegre de Burela, que leva anos agardando por unha reforma integral dunhas infraestruturas que teñen xa máis de corenta anos.
Tal e como denunciou Castro, o centro ten humidades e filtracións recorrentes, aseos en estado insalubre, fugas de auga, deterioro estrutural de pavimentos e columnas, unha instalación eléctrica obsoleta, a carpintería deteriorada, o peche perimetral inacabado, ventás e persianas en mal estado e importantes barreiras de accesibilidade.
Problemas todos estes que están “moi ben recollidiños” nunha memoria de corenta páxinas elaborada por ANPA, dirección e Consello Escolar e que hai tempo que lle foi entregada á Xunta. “Supoño que foi directamente ao lixo”, lamentou o deputado nacionalista, para denunciar que até o momento o único que fixo o Goberno do PP foi “botar balóns fóra” e intentar culpar ao Concello, que “xa fixo o que lle correspondía”.
“Levo xa varias visitas ao centro e cada vez está peor”, subliñou Castro, advertindo de situacións que afectan directamente á saúde e ao benestar do alumnado e do profesorado, como son a existencia de mofo, pequenos desprendementos ou luminarias incompatibles coa normativa de seguridade, tamén recollidas na memoria.
É por iso que o deputado do BNG reclamou á Consellería que dunha vez por todas atenda a demanda da comunidade docente e acometa a reforma integral que exixen desde hai “anos e anos”. “E non vale que nos queiran presentar como obra faraónica das catro míseras ventás e as dúas portas que puxeron”, salientou.
Xunto ás deficiencias do CEIP Vista Alegre, Castro denunciou tamén as carencias que sofren o Instituto de Educación Secundaria (IES) O Perdouro e o CEIP Os Castros, tamén en Burela.
Sobre o primeiro, instou ao secretario xeral de Educación a construír, cando menos, a cuberta da pista exterior do instituto, para o que a comunidade escolar reclama tamén baños e un pequeno almacén. Como no IES Vista Alegre, este centro, que atende a máis de 500 alumnos, ten tamén problemas de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida o sofre de goteiras no ximnasio. A todo isto súmase, engadiu, a demanda de máis persoal.
Falta así mesmo persoal, denunciou o deputado nacionalista, no CEIP Os Castros, onde precisan persoal coidador e especialistas en Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe. “A maiores, reportan problemas de humidades e goteiras nos edificios, concretamente no ximnasio”, precisou.
Castro lamentou a falta de concreción na resposta do secretario xeral de Educación, a quen reprobou pola negativa da Consellería a recibir aos representantes das anpa de Burela que llo teñen solicitado.




















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



