A feira desenvolverase o 10 de outubro na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira, con exposición e venda de mel, degustacións, obradoiros, música e actividades infantís
O Valadouro, 8 de outubro de 2026. O Concello do Valadouro acollerá este sábado, 10 de outubro, a 39ª edición da Feira do Mel, unha cita dedicada á promoción do mel, á apicultura e aos produtos vinculados a esta actividade, que contará cunha variada programación cultural, gastronómica e de lecer para todos os públicos.
A feira abrirá as súas portas ás 10:00 horas na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira, onde as persoas visitantes poderán achegarse aos postos de exposición e venda de mel e coñecer de primeira man os produtos relacionados co sector apícola.
A programación comezou xa este xoves, 8 de outubro, ás 10:00 horas, coa conferencia «O marabilloso mundo da abella», impartida por persoal da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Delegación de Mondoñedo.
Gastronomía, tradición e actividades para toda a familia
Ao longo da xornada do sábado desenvolveranse numerosas propostas destinadas a poñer en valor o mel e as súas posibilidades gastronómicas.
Ás 11:00 horas celebrarase na Praza de Santa María nas jaimas habilitadas, ó efecto, unha charla-cata sobre o hidromel, con aforo limitado e inscrición previa. Á mesma hora terá lugar un obradoiro de elaboración de velas a cargo de Devalo.
A oferta gastronómica incluirá unha degustación de ecocócteles, como os últimos anos, na praza, así como unha degustación de filloas con mel ás 13:00 horas e outra de castañas ás 18:30 horas.
A feira tamén contará coa exposición dos debuxos presentados ao certame da 39ª Feira do Mel, contribuíndo a fomentar a participación e a creatividade arredor desta celebración.
Música e animación durante toda a xornada
A programación musical comezará ás 12:00 horas coa actuación da AC Amado Lar. Ás 13:00 horas será a quenda da batukada da AC Fandangueiros, que achegará ritmo e animación ao recinto feiral.
Pola tarde, ás 17:00 horas, o público infantil e familiar poderá gozar do contacontos musical MUMÁXICA, a cargo de Iseo a Moura.
A música continuará ás 18:00 horas coa actuación da Charanga Noroeste.
Ademais, realizaranse dous sorteos de lotes de produtos da feira, previstos para as 14:30 e as 19:00 horas.
Tamén se contará con servizo de pulpo á feira e churrasco ata que comece degustación de castañas
Unha cita consolidada no calendario do Valadouro
Coa celebración da súa 39ª edición, a Feira do Mel continúa a súa traxectoria como un encontro dedicado á divulgación da cultura apícola, á promoción dos produtos locais e á dinamización social, cultural e comercial de Ferreira.
A iniciativa ofrece unha oportunidade para achegar a apicultura á cidadanía, coñecer os seus produtos e desfrutar dunha xornada festiva na que se combinan gastronomía, tradición, música e actividades para todas as idades.
O Concello do Valadouro convida á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta nova edición da Feira do Mel e a desfrutar da programación prevista para o sábado 10 de outubro en Ferreira.





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



