Nota de prensa
Basanta denuncia un pacto PP-PSOE sobre o urbanismo en Foz
O BNG levara ao Pleno unha moción para clarificar a situación urbanística fóra da vila
Foz, a 14 de xaneiro de 2011.- O Bloque Nacionalista Galego anunciou hoxe que levará unha moción ao vindeiro Pleno da Corporación a fin de que se clarifique a situación na que fica o Solo de Núcleo Rural no Concello de Foz, unha vez que desde Alcaldía se negan a convocar a Xunta de portavoces solicitada e que a Xunta de Galiza segue sen responder no Parlamento as solicitudes que respecto do mesmo ten presentado esta forza política desde o mes de setembro.
Segundo palabras de Xoán Carlos González Basanta “a negativa de Rivera a convocar a Xunta de Portavoces e o silencio da Xunta, evidencian xa non a ausencia absoluta de talante dunha ou doutra administración, senón a corrección da exposición que fixo a nosa organización respecto a imposibilidade que existe a día de hoxe de poder acometer usos residenciais fora da vila. Uns e outros levaron ao noso Concello a unha situación limite e aí está non só a documentación do POL para demostralo senón tamén os diferentes informes urbanísticos elaborados pola Xunta de Galiza e o Concello de Foz”. O Portavoz Nacionalista criticou que nun tema desta envergadura que elimina usos residenciais, que deixa vivendas fora de ordenación, que nos fala de modificacións ilegais do planeamento, que agocha informes á cidadanía da propia Dirección Xeral de Urbanismo, uns e outros garden silencio, o que non deixa lugar a dúbida do pacto que a nivel urbanístico existe entre populares e socialistas, algo que por outra banda non é novo pero que cada día é máis evidente.
O portavoz local do BNG volveu a insistir “o Arquitecto Municipal en informe elaborado o 21 de abril de 2009 afirma que se procedeu a modificar o planeamento de xeito ilegal e facendo referencia expresa a que varios dos núcleos recoñecidos sono sobre solo clasificado como urbanizable nas normas aprobadas en 1981, producindo unha modificación na clasificación do solo sen que se seguise o procedemento legalmente establecido para iso”. “Non poderá afirmar o Alcalde que descoñece este informe, pois el mesmo o enviou a Dirección Xeral de Urbanismo en Maio de 2009,” continuou Basanta quen explicou que “no mesmo se fala que se atopan nesta situación o núcleo de Cangas por superporse ao SUB 2 de prescrición de usos mixtos, o núcleo de Fazouro ao SUB 3,4 e 5 de prescrición residencial dispersa e ao SUB 6 de prescrición industrial; o núcleo da Corredoira ao SUB 11 de prescrición residencial e o núcleo de Vilaronte ao SUB 10 e 12 de prescrición de usos mixtos”. Os nacionalistas consideran que non remata aí o problema pois isto é unha mínima parte do que se recolle neste documento de cinco folios que desde a Alcaldía se negan a explicar e que ten a súa base nun documento anterior da propia Dirección Xeral de Urbanismo que o Alcalde de Foz nunca chegou a darlle entrada no rexistro municipal do Concello.
Basanta demandou ao Grupo de Goberno “a que explique porque o 12 de Maio de 2008 lle solicita a Dirección xeral de Urbanismo que aclarase a normativa a aplicar no solo de núcleo rural e que faga público o informe da Dirección Xeral de Urbanismo do 29 de decembro de 2008 e do que vimos solicitar copia na propia Xunta diante da negativa de Rivera a explicalo. Sería bo que tamén o alcalde aclarase as razóns que o levaron a solicitar a Xunta suspensión do Planeamento en Abril de 2009 se non había problema coa normativa que se recollía nas NSP do 81 conforme á cal procedeu a conceder licencias nos momentos de maior presión urbanística”. O BNG ten claro que nos enfrontamos a dous debates cruzados, un que ten a ver coa xestión de Rivera anterior a impugnación das licencias pola Xunta e un segundo que está vinculado con diferir o problema do POL a despois das Eleccións Municipais.
Xa por último, queremos lamentar o monte de irresponsabilidade de populares e socialistas que estamos a pagar todos os veciños de Foz que nos atopamos cunha normativa urbanística na cartografía do POL que impiden usos residenciais fora da vila. “Volvemos aos apaños urbanísticos do PP e do PSOE, aínda así o que non poden negar estes, e que existe un informe do Arquitecto Municipal 21 de Abril de 2009, no que afirma que se procedeu a modificar en 1990 o Planeamento de xeito ilegal e outro informe da DXU que informe sobre a aplicación indebida das ordenanzas das normas do 81, en determinadas bolsas de solo do Concello”, recalcou Basanta.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



