A Mariña, 19 de outubro de 2026. A vindeira fin de semana os Plans con corazón chegan a Mondoñedo e Xove, lugares nos que disfrutar do seu patrimonio cultural e natural da man de guías locais. Baixo o título Mondoñedo das letras e da música desenvolverase o sábado unha actividade que consistirá nun paseo polos fondos literarios da localidade e pola memoria das súas persoas ilustres; e o domingo será a quenda de Xove, cun roteiro á beira do río Rigueira baixo o título O San Antonio da Rigueira e a ruta dos muíños.
Quedan as últimas prazas libres para a actividade do domingo en Xove, mentres que a do sábado en Mondoñedo xa ten todas as prazas cubertas. As persoas interesadas deben formalizar a inscrición o antes posible a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-con-corazon As prazas son limitadas e por orde de inscrición. Cada actividade terá un custo que varía de 5€ (inscrición individual), 9€ (inscrición en parella) e 15€ (inscrición en grupo), un prezo que inclúe a visita guiada e os seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.
Plans con corazón é unha exitosa iniciativa que este ano chega á súa sétima edición para dar a coñecer un pouco máis o xeodestino A Mariña Lucense. Conta cunha proposta de actividades variada e atractiva, liderada por guías oficiais de Galicia coñecedores do patrimonio local, tamén por perfís especializados en xeoloxía e ornitoloxía e por todos os anfitrións participantes. Estes expertos colaboran coa Mancomunidade e a empresa Volta Montana para configurar esta iniciativa coa que amosar A Mariña como un destino singular e diverso, contribuír á desestacionalización do turismo -xa que busca achegar visitantes fóra dos meses de temporada alta- e ampliar o coñecemento do territorio a nivel local.
Trátase dun proxecto para conectar coa esencia da Mariña a través de propostas que nos achegan a espazos e actividadesque moitas veces non se coñecen. Esta é, sen dúbida, unha proposta máis próxima, máis auténtica e máis conectada coas persoas que viven e traballan no territorio.
Os guías oficiais son Noela Feal, Carmen Delia, Ana Pena e Boris Vilar, guías acreditados ademáisco selo de calidade turística SICTED para o destino A Mariña Lucense; Juan Fernandes, o guía especializado en xeoloxía Iván Rodríguez; e o guía especializado en ornitoloxía Saúl Román.
A Mancomunidade Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marcodos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino.
Novidades 2026
Nesta edición, como primeira novidade, incorpórase a participación de varios produtores que a principios de anos formaron parte do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo a través de SEGITTUR, en colaboración coa Mancomunidade, para promover experiencias agroturísticas que diversifiquen a oferta turística, atraian a novos visitantes e contribúan á desestacionalización do turismo. Os produtores que participan nos Plans con corazón 2026 son: Cooperativas Terras da Mariña; Mel O Poder das Flores; Shiifos Micoloxía; Grupo Naterra; e a Mancomunidade de Montes en man común de Frexulfe no Valadouro.
A segunda novidade deste ano é a participación de Mar Aberto, un proxecto de 3 alumnos do grao de Turismo da UDC: Anxo García, Diego Rodríguez e Juan Fernandes, que xorde co obxectivo de ofrecer un roteiro accesible e inclusivo en torno ao patrimonio mariñeiro na Mariña Lucense.
Próximas actividades Plans con Corazón 2026
MONDOÑEDO Sábado 24 outubro
Mondoñedo das letras e da música. Con Carmen Delia.
Un paseo polos fondos literarios da localidade e pola memoria das súas persoas ilustres.
Entre versos, historias e sons, Mondoñedo invita a mergullarse no seu rico legado cultural. Da man de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, o mestre Pacheco ou algunhas ilustres voces femininas, a ruta percorrerá recunchos vinculados á historia cultural da vila, como o Museo da Imprenta, o Centro de Interpretación da Alcántara ou a Biblioteca do Seminario.
XOVE Domingo 25 outubro
O San Antonio da Rigueira e a ruta dos muíños. Con Boris Vilar.
Etnografía e lendas á beira do río.
Seguindo o curso do río Rigueira atópanse un gran número de muíños, a maioría xa abandonados, agás o muíño de Abad, que actúa como testemuña dunha das actividades máis importantes para a etnografía galega, e especialmente para o concello de Xove. Ao final do percorrido, na igrexa de San Miguel da Rigueira, poderase observar a imaxe de San Antón Ventureiro que leva asociada unha interesante lenda e que conta cunha enorme devoción, que se manifesta nunha das romarías con maior arraigo da Mariña.
VIVEIRO Sábado 31 outubro
Montes do Buio, as turbeiras de Viveiro. Con Boris Vilar
Ruta polo bosque das Saimas e o Curro do Candaoso.
A parroquia de Santo André de Boimente, na zona máis meridional do concello de Viveiro, é unha das menos concorridas da localidade. Porén, atesoura un amplo patrimonio que vai desde a presenza de distintos xacementos arqueolóxicos de interese ata a tradicional celebración da rapa das bestas. Situado aos pés dos montes do Buio, o bosque das Saimas é probablemente o último reduto do bosque húmido atlántico no municipio.
BURELA Domingo 1 novembro
Burela é pintadiña en… Con Noela Feal
As pinturas en Burela do S. XV ao XXI.
Desde as pinturas medievais que se atopan na igrexa da Vila do Medio ata as máis actuais, localizadas nas proximidades da Confraría de Pescadores de Burela, os participantes analizarán neste percorrido circular a importancia da pintura neste concello: murais e alfombras florais enchen esta vila de cor e vida ao longo do ano.
RIOTORTO Sábado 7 novembro
O mago Merlín e o seu amigo Don Pedro. Con Noela Feal
Entre literatura e alquimia.
Coñecendo a adega que albergou o primeiro lagar de sidra natural do noroeste galego, a Bodega Don Pedro Leivas, escribiremos un novo capítulo da obra mestra de Álvaro Cunqueiro «Merlín e Familia» mediante unha ruta lineal na que se pasará por lugares xa mencionados nesa obra, como a propia morada do mago, onde rematará o percorrido.
O VICEDO Sábado 14 novembro
Entre dunas e volcáns. Con Iván Rodríguez Lombardero
Ruta xeolóxica pola praia de San Román – Arealonga-
A praia de San Román – Arealonga, no Vicedo, conta cun importante potencial para a divulgación xeolóxica. Nela aparece unha gran variedade de rochas de idade cámbrica e ordovícica, algunhas delas moi singulares, como os gneises de ollo de sapo.
Ademais, pódense analizar as formas dos seus cantís e as resultantes da interacción do mar co regato de O Vilar e o cordón dunar, o que permite interpretar a súa historia desde a orixe das rochas ata as formas e procesos actuais.
CERVO Sábado 14 novembro
San Cibrao, o ciclo vital da madeira. Con Anxo García e Juan Fernandes
Tradición e artesanía accesible na Mariña Lucense.
Descubre a vila mariñeira de San Cibrao a través dos seus oficios tradicionais, da súa historia e da súa estreita relación coa madeira e co mar.
Un percorrido que permitirá coñecer o legado dos antigos serradoiros, dos emblemáticos estaleiros, como o de Francisco Fra, con máis de 200 anos de historia, e a importancia da actividade baleeira, hoxe conservada no Museo Provincial do Mar.
Ao longo dun itinerario lineal de aproximadamente 2 quilómetros, os participantes percorrerán as distintas fases do ciclo vital da madeira, desde a súa transformación ata a súa utilización na construción naval e noutros usos tradicionais. Descubrirán o traballo dos carpinteiros de ribeira, auténticos artesáns do patrimonio marítimo, e comprenderán como a madeira, como recurso esencial, foi modelando a economía, a paisaxe e a identidade de San Cibrao ao longo dos séculos.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



