Ribadeo, 19 de outubro, 2026. O BNG de Ribadeo denuncia que as obras do Hospital-Asilo levan un ano paralizadas, sen solucións nin unha data clara para a súa continuación, mentres os usuarios e usuarias continúan desprazados máis de tres anos despois.
O portavoz nacionalista, Martín Graña, critica a falta de iniciativa do goberno de Daniel Vega para resolver esta situación e acusa o executivo de “esquecemento consciente” das persoas afectadas, que seguen sen poder regresar ao centro mentres o proxecto permanece bloqueado e sen perspectivas de remate.
Graña lembra que “despois de máis de tres anos de desprazamento, un ano e medio desde que as obras deberan estar finalizadas e un ano coa actuación paralizada, os atrasos e incumprimentos son inadmisibles para un servizo fundamental para Ribadeo”.
O BNG tamén denuncia a falta de transparencia do goberno municipal, que continúa sen aclarar que queda realmente por executar, se a porcentaxe de obra pendente se corresponde coa realidade ou se existen partidas pagadas que non foron realizadas. Esta ausencia de información, sinalan, impide coñecer con rigor o estado actual dos traballos e ofrecer explicacións claras á cidadanía.
Segundo Graña, “Daniel Vega xa foi irresponsable cando ignorou en abril de 2024 as recomendacións técnicas de rescindir o contrato coa empresa, e continúa a selo ao non ofrecer explicacións claras e honestas á veciñanza, malia todas as peticións de información pública realizadas”. Engade que “un goberno responsable dedicaría todos os seus esforzos a solucionar un problema grave coma este e xa estaría traballando en cuestións sensibles como a futura xestión do centro”.
Por todo isto, o BNG esixe ao executivo municipal que facilite a información solicitada, explique a situación actual e presente un calendario concreto para retomar e finalizar as obras. A formación nacionalista advirte de que Ribadeo “non pode seguir instalado na parálise, no silencio e na falta de respostas, mentres as persoas afectadas continúan pagando as consecuencias”.





















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.



