Ribadeo, 19 de outubro de 2026. Do 20 ao 29 de outubro estará aberto o período de adhesión dos negocios locais á campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Desenvolvemento Local, Marta Saiz, contou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha unha nova edición do programa A Pancha, a nosa moeda local, unha iniciativa destinada a incentivar o consumo de proximidade, a apoiar o tecido empresarial do municipio e contribuír á dinamización da economía local. Os establecementos interesados en participar na campaña poderán solicitar a súa adhesión do 20 ao 29 de outubro, ambos incluídos, a través da plataforma dixital do programa”.
A edil ribadense contou que “poderán adherirse os establecementos físicos e permanentes situados en Ribadeo que desenvolvan algunha das actividades económicas admitidas e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras. A participación dos negocios locais é fundamental para o éxito desta iniciativa. Por iso, dende o Concello animamos aos comercios, aos establecementos hostaleiros e aos negocios de servizos, que cumpran os requisitos, a sumarse a esta campaña, contribuíndo así a reforzar o tecido empresarial e ofrecer á cidadanía novas oportunidades para realizar as súas compras en Ribadeo”.
Saiz subliñou que “as persoas interesadas poderán adquirir as panchas do 1 de novembro ou 28 de decembro, ambos dous días tamén incluídos, a través da plataforma habilitada para o programa. O Concello subvencionará o 25 % do valor total das panchas adquiridas. As achegas realizaranse en tramos de 30 euros, cun achega máxima de 300 euros por persoa, que disporá de 400 panchas equivalentes a 400 euros, sendo 150 panchas o importe máximo por operación”.
A concelleira de Comercio declarou que “con esta iniciativa do Concello buscamos fortalecer a actividade do comercio, da hostalería e dos servizos locais, favorecendo que unha maior parte do gasto da cidadanía permaneza no municipio e contribuír ao mantemento do emprego, á revitalización dos espazos comerciais e á desestacionalización da actividade económica. Coa Pancha, a nosa moeda local, o Concello de Ribadeo reafirma o seu compromiso co comercio, a hostalería e o conxunto do tecido empresaria local, promovendo unha medida de apoio que incentiva as compras no municipio, favorece a circulación do gasto na economía local e contribúe a manter a actividade económica e o emprego”.
Na presentación da nova edición da Pancha, que tivo lugar no Concello de Ribadeo, participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, tivo palabras de agradecemento para o Concello: “moitas grazas ao Concello de Ribadeo por contar unha vez máis con Acisa para esta importante campaña da Pancha, que chega á súa oitava edición. Esta é unha das campañas máis agardadas de todo ano tanto polo sector comercial e hostaleiro como polas persoas que veñen facer as súas compras e consumir aquí”.




















A actividade rematou coa creación dun xardín de planta de tempada a base de Cyclamen na contorna do parque Reina Sofía.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



