Xove, 20 de outubro, 2026. A Asociación Cultural Saíñas de Xove organiza este sábado, 24 de outubro, a XVII Foliada da Mariña, unha das citas máis destacadas da comarca para os amantes da música e do baile tradicional galego. O encontro, que conta coa colaboración do Concello de Xove e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, encherá a Praza do Concello de música, baile e convivencia a partir das 17.00 horas.
O deputado provincial Daniel García, xunto con integrantes da Asociación Cultural Saíñas, presentou o programa desta edición, reafirmando “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co asociacionismo de base, que desempeña un papel fundamental na conservación e difusión da música tradicional”. Destacou ademais que “xornadas coma esta dan visibilidade a un traballo diario que permite soster grupos e manter vivo un legado cultural único”.
Un programa cheo de música, baile e tradición
A foliada arrancará ás 17.00 horas coa participación dos grupos de bailadores, gaiteiros e pandereteiras da A.C. Saíñas, xunto coas actuacións de:
Pensamento e Sementeira (Viveiro)
Arco da Vella (Barreiros)
Gamelas e Anduriñas
Formacións de gaita e pandeireta de Saíñas
A partir das 21.00 horas será a quenda dos concertos de Alana e Os do Fondo da Barra, que animarán a noite na Praza do Concello. E xa desde as 00.00 horas celebrarase unha foliada libre, aberta a todas as persoas que desexen participar.
A programación inclúe tamén actividades pensadas para todos os públicos, convertendo Xove nun punto de encontro para quen desexe gozar do folclore galego en estado puro.
Recoñecemento ao labor da Asociación Cultural Saíñas
Desde o Concello de Xove destacan e agradecen o traballo constante da Asociación Cultural Saíñas na promoción e difusión da cultura tradicional galega. Con máis de catro décadas de traxectoria, o colectivo ofrece clases de percusión, gaita e baile en distintos niveis, e conta con seccións infantís que garanten a continuidade da tradición. En 2005 organizou a primeira Foliada da Mariña, pioneira na comarca, que este ano cumpre a súa XVII edición tras retomar a actividade logo do parón provocado pola pandemia.
Convite á participación
O Concello e a organización convidan á veciñanza e ás persoas que visiten Xove a achegarse á Praza do Concello para compartir unha xornada festiva, desfrutar das actuacións e vivir de preto a riqueza da música e do baile tradicional galego.
A XVII Foliada da Mariña promete unha tarde e unha noite de diversión, convivencia e celebración da nosa cultura, nun evento que continúa medrando e consolidándose como unha das grandes citas do folclore na Mariña.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



