Vilalba, 19 de outubro, 2026. O Concello de Vilalba colaborou coa Asociación de Empresarios Sete Pontes na instalación de 12 cámaras de seguridade no polígono industrial, mediante a execución dos traballos necesarios para dotar os dispositivos da infraestrutura de soporte e da subministración eléctrica.
A actuación municipal, realizada polo persoal do Concello e financiada con fondos propios cun investimento duns 15.000 euros, incluíu a colocación dos postes, as bases de formigón e a instalación de aproximadamente 1.500 metros de cableado eléctrico. Pola súa banda, a Asociación de Empresarios Sete Pontes encargouse da colocación das 12 cámaras.
O sistema distribúe seis cámaras nas entradas do parque empresarial e outras seis en distintos puntos do polígono, co obxectivo de reforzar a vixilancia e mellorar a seguridade das instalacións.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, acompañada polos concelleiros Luis Fernández e Ignacio Criado, visitou hoxe o polígono xunto ao presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Moisés Carballeira, para valorar a actuación e avanzar na mellora do parque empresarial.
Rouco destacou a importancia da colaboración entre o Concello e o tecido empresarial: “O polígono industrial é un espazo fundamental para a actividade económica e a creación de emprego en Vilalba. Traballamos da man da asociación de empresarios para atender as necesidades das empresas e mellorar as condicións das instalacións”.
A rexedora puxo en valor a cooperación entre ambas entidades: “Cada parte contribúe desde as súas competencias. O Concello asumiu os traballos de colocación dos postes e do cableado, mentres que a asociación instalou as cámaras”.
Unha vez que os dispositivos estean operativos, a Asociación de Empresarios Sete Pontes prevé asinar un convenio co Concello para a cesión das cámaras, de maneira que a Policía Local poida visualizar as imaxes. Este acordo establecerá o marco de colaboración para o acceso ás gravacións.
O Concello de Vilalba e a Asociación de Empresarios Sete Pontes continúan así traballando conxuntamente na mellora dun espazo estratéxico para a actividade económica do municipio.



















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



