Xove, 20 de outubro, 2026. O PSdeG de Xove denuncia a situación que vive o concello, actualmente sen servizo de pediatría. A profesional que atendía esta área está de baixa médica —un dereito que o partido respecta plenamente—, pero a súa ausencia non está a ser substituída. Para os socialistas, a pregunta é evidente: que pasa mentres tanto cos nenos e nenas de Xove?
O PSdeG subliña que a baixa dunha profesional non é o problema. O verdadeiro problema é que a Xunta non garante a cobertura dunha praza esencial para a atención sanitaria da infancia, vulnerando un dereito fundamental como é a sanidade pública.
Unha atención pediátrica limitada e insuficiente
Na práctica, a falta de pediatra en Xove está a limitar o acceso das familias a revisións e consultas que non deberían demorarse. As urxencias pediátricas están a ser atendidas en Burela, onde tamén se presta —de maneira mínima— cobertura aos concellos de Xove, Cervo e Burela. O PSdeG considera que non é razoable pretender que un único servizo, xa de seu imprescindible para a poboación que atende, poida asumir esta carga adicional sen que a calidade e a accesibilidade se vexan afectadas.
As familias non deben asumir a falta de previsión da Xunta
Os socialistas de Xove afirman que as familias non poden seguir soportando as consecuencias da falta de previsión e de recursos da Administración autonómica. Lembran que falamos da saúde dos nenos e nenas, de consultas que precisan atención e de pais e nais que necesitan saber onde e como van ser atendidos os seus fillos.
O PSdeG reclama unha solución inmediata
O PSdeG de Xove considera imprescindible que os responsables políticos da Xunta loiten para cubrir esta praza canto antes. Reorganizar recursos ou trasladar o problema a outro centro de saúde non é suficiente. O partido reclama unha solución real, inmediata e que garanta a continuidade da atención pediátrica no concello.
Os socialistas instan ao presidente Rueda a deixar de recortar en sanidade e a actuar con responsabilidade. Lembran que privar os nenos e nenas dunha atención pediátrica accesible non só prexudica ás familias, senón que contribúe a baleirar de servizos o rural e dificulta que vivir en Xove sexa unha opción con garantías.
A sanidade pública non pode depender do código postal
O PSdeG de Xove insiste en que a sanidade pública non pode depender do lugar de residencia. Os nenos e nenas de Xove teñen os mesmos dereitos ca os de calquera outra parte de Galicia.
Por iso, o partido esixe á Xunta de Galicia e ao SERGAS que cubran de inmediato esta ausencia e garantan unha atención pediátrica digna, accesible e continuada para a infancia do concello.
O PSdeG conclúe que a saúde dos nenos e nenas de Xove non pode seguir á espera dunha solución que non chega.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



