Nota de prensa
A asociación xuvenil afirma que hora de loitar para paralizar os retrocesos sociais.
Galiza Nova chama aos estudantes a sumarse a Folga Xeral do 27 de Xaneiro.
A asociación xuvenil Galiza Nova reiterou hoxe após tres asembleas celebrada nos IES de Burela e de San Cibrao o seu chamamento a que o estudantado se sume a Folga xeral do 27 de Xaneiro na medida que o aumento da idade laboral non só vai significar a perda do poder adquisitivo dos traballadores de mañá senón que ao alongar a idade de xubilación vai dificultar aínda máis ao acceso ao mercado laboral da xente moza que curiosamente é a que se sitúa a cabeza do paro en Galiza e no Estado.
O Portavoz do colectivo, Senín González destacou que “na Mariña a poboación desocupada menor de 25 anos situase no 43% da poboación activa sen que por parte da Xunta e do Goberno se teñan implementado política algunha de creación de emprego, pola contra o que se están é a poñer en marcha decisións que suprimen determinadas coberturas sociais e que deixan a xente moza máis desvalida diante da crise. Non é tolerábel que que diante destas cifras de desemprego que escandalizan a propia comisión europea as institucións galegas e estatais miren para o outro lado e o que aínda e peor, cando miran para os mozos e para cargarlle parte da factura dunha duna crise que les non provocaron”.
Senín González criticou que “o aumento da vida laboral até os 67, agás para aqueles que teñen 41 anos cotizados e a suba da base de cálculo das pensións ate os 20 ou 25 anos, non só significa unha perda que se situaría arredor do 30% do poder adquisitivo das mesmas, senón que a efectos prácticos vai converter a xubilación nun luxo aos que poucos mozos de hoxe poderemos chegar”. González referiuse a “que nunha realidade como a do mercado laboral actual e practicamente imposíbel que unha persoa poida cotizar 41 anos seguido, e máis a idade media de incorporación ao mercado laboral no 2007, antes de que estoupara a crise situábase nos 28 anos, algo que como é obvio aumentou. É máis aquelo dun traballo para toda a vida, forma parte do pasado, porque topear un mínimo de anos cotizados cun mercado laboral como o actual é unha falacia”.
O Portavoz de Galiza Nova denunciou ” a aqueles que nos queren facer vivir nunhas condicións peores que as actuais. Os nosos pais entregáronos uns estándares de calidade de vida mellores que aos que eles lle entregaron os nosos avós, e os nosos avós recibiron dos seus pais unha sociedade mellor que a destes e esa realidade pretenden agora modificala situándonos moitos anos atrás. Non é tolerábel que a xunta e o Goberno do Estado pretenda deixarnos en herdanza unha sociedade peor na que nacemos e na que mesmo se criaron os nosos pais polo que é momento de loita e mobilización como está a facer todo o estudantado ao longo e ao ancho do mundo capitalista. Non imos ser nos menos que os estudantes franceses ou ingleses que levan meses e meses mobilizándose, porque as políticas que nos están aplicando son aínda de máis gravidade”.
“É a hora de revolta” afirmou González ” que chamou ao estudantado “a parar masivamente o 27 de Xaneiro, posto que a Folga xeral ten que ser o inicio dunha dinámica de loita que obrigue ao PP e ao PSOE a mudar as súas políticas reaccionarias e que obrigue aos gobernos a apostar polos pobos, polas maiorías sociais e non polo capital”. Xa por últimos desde Galiza Nova fixeron un chamamento a participar o propio 27 de Xaneiro na manifestación convocada pola CIG en Burela con saída ás 12:00 h de diante do Local do sindicato en Arcadio Pardiñas e remate na Praza da Mariña.


















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



