RIBADEO .- O Venres, ás 20:00 horas, tivo lugar na Casa da Xuventude de Ribadeo unha xuntanza da Mesa de asociacións. Reuníronse as AAVV de O Tesón, O Cantal de Rinlo, A Madanela de Remourelle, a Atalaia, Vilaselán e Santalla de Vilaosende.
A xuntanza respondeu á chamada a dar un paso máis na procura da unión viciñal para afrontar xuntos os problemas e as inquedanzas comúns.
Comezou a xuntanza dando nota de que non se convocara a unha asociación por non dar entrado en contacto con ela, estando as demáis avisadas,. Asemade, deuse conta de que a última volta que se falara co alcalde sobre a Mesa de Asociacións quedara en convocala para mediados deste mes, sen que ata o momento estivera convocada e despois de vir arrastrando esta situación de ‘pre-convocatoria’ dende agosto, mes no que se quedara en convocar. É precisamente esta falta de convocatoria a que impulsou ó Tesón a promover a presente xuntanza.
Sen unha orde do día previa, pasouse a tratar o tema do Regulamento de Participación Cidadá, repartindo un borrador para facer un estudo e presentar no concello para a súa tramitación coas variacións que se estimen oportunas. Neste punto xurdiu un debate sobre a asistencia doutro tipo de asociacións (Amas de casa, Rinlo bai, Cogami, …) ás reunións da mesa, continuando no futuro cunha estrutura semellante á actual.
Outro punto que xurdiu na xuntanza foi o Regulamento, contrato tipo, etc, correspondente ó Hospital Asilo, en período de información pública ata xaneiro, coa recomendación de que se recolla o aprobado en primeira instancia no pleno pasado para presentar as alegacións que se estimen oportunas, algo que as asociacións que xa fixeron unha primeira lectura estiman moi conveniente debido as lagoas observadas.
Con posterioridade coméntase a posibilidade de aproveitar a financiamento de 1 700 000 €, tendo en conta que ven destinada do goberno central ós concellos, tendo no punto de mira o desemprego. Non embargantes, debido ó pouco prazo para presentar o plan correspondente, polos concellos, sería posible para as asociacións o axudar na tarefa de paso que se tentan solventar problemas de obras nalgunha zona concreta. Nese sentido, conviría, a pesares de que as asociacións xa teñen presentado diversas peticións ó concello, retomalas de ser posible e facer para cada unha un anteproxecto valorado coas indicacións fundamentais e un orzamento, con miras a simplificar a xestión interna na casa do concello e, sen perder a subvención, dirixila ás obras que se consideran máis adecuadas.
A continuación, e dado que Pancho Campos, participante na xuntanza e Presidente de O Tesón, é un dos catro representantes das AAVV na recén creada Comisión de Participación Cidadá da área sanitaria de Cervo-Burela, explicou o programa QUERES, ofrecéndose para os trámites que se podan tratar mediante o mesmo, xurdindo xa o tema da ambulancia para o tratamento no Juan Canalejo de A Coruña ou o 902.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



