Nota de prensa:
MEIRA ACOLLERÁ A 5ª XORNADA DA LIGA NACIONAL DE BILLARDA
O vindeiro sábado 29 de xaneiro, desde as 15.30 na Praza do Convento da vila, disputarase o trofeo de billarda “Aberto do Lacón de Meira”
Coincidindo con esta xornada de billarda, en Catalunya celébrase un partido histórico entre xogadores de billarda de Galiza e xogadores cataláns de Bélit
Meira, 27 de xaneiro de 2011. A Asociación Cultural Eme de Meira vén de organizar, en colaboración coa asociación O Varal, o trofeo de billarda “Aberto do Lacón de Meira”, proba puntuable para a 5ª xornada da Conferencia Norleste Liga Nacional de Billarda (LNB). Este trofeo disputarase o vindeiro sábado 29 de xaneiro, a partir das 15.30 horas na Praza do Convento de Meira (en caso de chuvia persistente trasladarase ao pavillón de deportes municipal).
Confirmada a participación dos mellores equipos da división Norleste da Liga Nacional de Billarda (procedentes de Lugo e A Mariña, posto que a Liga Nacional dispútase agrupando os equipos das diferentes zonas xeográficas para rematar cun aberto playoff final -seguindo un modelo semellante ás ligas de baloncesto, directamente á NBA), agárdase que preto de 50 deportistas se dean cita para disputar o “Trofeo do Lacón de Meira”, que recibe este nome posto que o gañador levará como trofeo un lacón. Hai que salientar que esta proba levanta moita expectación en Meira xa que o ano pasado, primeira vez na historia que Meira acollía unha xornada da LNB, a praza estivo ateigada de xogadores de billarda e veciños e veciñas do pobo que se achegaron a ver o espectáculo da billarda e incluso houbo algúns que se animaron a participar.
Ademais, a asociación Eme de Meira competirá neste aberto, así como tamén outro equipo da zona, o Cadaval de Pacios, que tentarán lograr que o trofeo do lacón quede na casa. Desde a organización agárdase unha masiva presenza de afeccionados porque, ao disputarse o trofeo na modalidade de “aberto”, isto permite que coa única condición dunha inscrición previa gratuíta calquera persoa poida apuntarse e disputar o trofeo.
Desde aquí, queremos animar ás persoas a participar, ou cando menos a presenciar, o Trofeo de Billarda do Lacón de Meira, unha competición organizada por Eme de Meira e O Varal na procura de recuperar e manter os deportes e xogos tradicionais galegos.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
