XOVE .- O martes procedeuse a reapertura do ximnasio municipal de Xove unha vez rematados os traballos de ampliación e dotación dce material. Agora conta con unha supercie de 180 metros cadrados, e unha nova dotación de seis bicicletas estáticas, tres cintas de correr, dúas elípticas, un remo, toda clase de material de musculación como pesas, contractoras, bancos, multipower, e outros.
Nota de Prensa
O XIMNASIO MUNICIPAL REABRE AS SÚAS PORTAS AO PÚBLICO
Onte, martes 9 de decembro, nun sinxelo acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polo 1º Tenente de Alcalde José Manuel González, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, procedeuse á reapertura oficial do Ximnasio Municipal despois dunha profunda reforma, na cal se pasou dunha superficie de 80 metros cadrados a outra de 180. A duplicación deste espacio, supón, en principio, unha maior comodidade para o usuario, pero tamén supón a posibilidade de introducir máis aparatos e de distintas clases.
Ademáis de aproveitar os aparatos existentes, o Concello fixo unha inversión de orredor de 35.000 €uros en aparatos novos, dahí que o Ximnasio Municipal de Xove conte na actualidade co seguinte equipamento: 6 bicicletas estáticas, 3 cintas de correr, 2 elípticas, 1 remo, toda clase de material de musculación (pesas, contractoras, bancos, multipower, etc.), todo material de primeira calidade da marca Salter. A financiación deste equipamento correu maioritariamente a cargo do Concello de Xove, contándose tamén cunha subvención de 6.000 €uros por parte da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Ademáis da estupenda equipación do Ximnasio, conta éste cunhas condicións moi boas, tanto de iluminación natural como de ventilación, co fin de que os usuarios poidan desenvolver a súa actividade coas maiores comodidades.
O horario de apertura, do que xa poden disfrutar os usuarios/as, é o mesmo da Piscina:
-De 10:00 a 13:00 pola mañá.
-De 16:30 a 21.30 polas tarde.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



