Nota de prensa
Os socialistas de Xove aseguran que o Alcalde discrimina ós seus veciños coa decisión de non continuar no Innova-TE
– Denuncian que o Concello “está a tirar ó lixo os 300.000 euros” que lle aforraría o organismo provincial coa implantación da administración electrónica
– Critican que o rexedor municipal decidise gastar os cartos na contratación dunha empresa allea “cando a Deputación lle ofrece a posibilidade de non aportar nin un só euro. Isto só ten unha consecuencia: pasarlle a factura ós veciños, eles serán os únicos que pagarán a súa decisión”
– Os socialistas sinalan que, mentres o Innova-TE pon a disposición dos cidadáns ata 80 trámites on line, o Concello so ofrecerá 22 co novo contrato
A Agrupación Socialista de Xove denuncia a decisión do Alcalde deste municipio, José Demetrio Salgueiro, de non continuar no Innova-TE; o programa co que a Deputación garante antes do verán a implantación da administración electrónica nos 50 Concellos que, voluntariamente, se sumaron á iniciativa. Neste senso, critican que, coa decisión do Alcalde, o Concello renuncia a 300.000 euros, que é o coste ó que, como mínimo, terá que facer fronte o Concello para implantar a eadministración. “Isto é inaceptable. Está a tirar o lixo 50 millóns das antigas pesetas, polo que o Alcalde ten que dar a cara e debería de dar unha explicación ós seus veciños. Non entendemos como nos tempos que corren foi capaz de deixar escapar unha oportunidade destas características, que ademais lles aforra tempo e cartos. Está privando ós seus veciños de ter as mesmas posibilidades que outros mariñanos, polo que é unha discriminación absoluta. Isto demostra que o que menos lle importa son os intereses dos cidadáns”.
O rexedor municipal comunicou ó organismo provincial, a través dun escrito, a súa decisión de darse de baixa no programa Innova-TE e argumentou que o 23 de febreiro de 2010 se formalizou un contrato coa empresa Auloce S.A. para a implantación e posta en funcionamento dunha ferramenta informática (Gestiona-Espúblico) destinada á modernización administrativa no Concello. Como consecuencia de todo isto, o Alcalde confirmou que decidiran non considerar convinte cambios ou modificacións no proceso de implantación do servizo de administración electrónica. Neste senso, os socialistas pregúntanse “por que se decide contratar unha empresa allea e asumir gastos cando con este programa se dá a oportunidade de non gastar nin un só euro. Isto só ten unha consecuencia: pasarlle a factura ós veciños. Eles serán os únicos que pagarán a decisión do Alcalde. ”
Máis costes e menos servizos
Asimesmo, afirman que coa nova contratación “ademais de ter facer fronte ós costes, ofrecerá menos servizos”. O programa Innova-TE pon a disposición dos cidadáns ata 80 trámites on line, fronte ós 22 que proxecta o Concello de Xove co novo contrato. Na actualidade, a páxina web ten un link denominado “Concello Dixital”, que, supostamente, é a sede electrónica a través da que a cidadanía pode realizar trámites on line, sen embargo, carece das características requeridas para funcionar como tal. O único que permite é descargar, en formato Word, documentos de consulta e formularios necesarios para efectuar trámites xenéricos e relacionados con urbanismo. O cidadán ten que entregalos de forma presencial nas oficinas municipais, xa que non hai a posibilidade de completar a tramitación vía internet en ningún dos servizos ou trámites ofrecidos. Neste senso, engaden: “o nivel de implantación da administración electrónica no Concello de Xove está por detrás do que estaría se continuase no programa Innova-TE”.


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



