Nota de prensa
O BNG CONSIDERA QUE A INTERVENCIÓN URBANÍSTICA DA XUNTA BIPARTITA NO CONCELLO DE BARREIROS FOI NECESARIA. OS NACIONALISTAS PÍDENLLE UN PRONUNCIAMENTO CLARO E CONTUNDENTE AO PRESIDENTE DO PP NA PROVINCIA DE LUGO E CUALIFICAN DE BURLA AS DECLARACIÓNS REALIZADAS NAS ÚLTIMAS HORAS POLO ALCALCE.
Barreiros, 16 de febreiro de 2011. O BNG considera que a intervención urbanística da Xunta bipartita no Concello de Barreiros foi necesaria e correcta, algo que se desprende da sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xustiza. Os nacionalistas pídenlle un pronunciamento contundente e claro ao presidente do PP na provincia de Lugo e cualifican de burla as declaracións realizadas nas últimas horas polo alcalde barreirense.
O portavoz do Bloque no Concello de Barreiros, Antonio Veiga, sinalou que “con esta sentencia do TSXG enténdese que a actuación da Xunta no bipartito foi a correcta. Nós en todo momento cremos necesaria esa intervención da Xunta e seguímolo a creer e a defender. No BNG o que somos por enriba de todo é coherentes, fomos coherentes e defendemos con valentía o que había que defender no 2006 e o seguimos a defender no 2011”. Desde o BNG consideran que “o PP non pode dicir o mesmo, non son de recibo as declaracións do alcalde dicindo que o bipartito non deu solucións, senón que creou problemas. Xa resulta cansino, pero temos que repetilo, quen creou problemas foi quen concedeu 44 licenzas con informes desfavorables porque nesas licenzas non se contemplaba que estivera garantido o subministro de auga e de enerxía eléctrica, a evacuación de residuais, viais axeitados, ousexa que non había as condicións para esa construcción desmesurada”.
Veiga Outeiro manifestou que “o PP queda retratado con esta sentencia porque fóronse retratar o 2 de decembro 2006 a Barreiros e alí vimos á plana maior do PP provincial e comarcal defendendo o indefendible, a desastrosa política urbanística do Concello de Barreiros. Alí estaba o señor Barreiro e destacados diputados e parlamentarios do PP e dicía o presidente provincial do PP que aquela actuación era unha persecución política e que eles defendían un urbanismo que respondera a criterios de sostibilidade. O señor Barreiro tiña que ir a calquera sitio menos a Barreiros para dicir iso porque aos que vivimos en Barreiros e sofrimos o desastroso goberno do PP neste concello danos un pouco de mágoa que caiga na demagoxia e na mentira fácil o presidente dun partido coma o PP”. Aos nacionalistas parécelles “curioso que estes días ninguén fai declaracións no PP, a nós gustaríanos escoitar ao señor Barreiro, que diga algo consecuente e claro, porque o que ven de dicir o alcalde de Barreiros non é de recibo e é unha burla total aos veciños. Di que sabía que perdería ese recurso co TSXG e que aínda así recurriría e todos os barreirenses tivemos que pagar o ano pasado 200.000 euros pola cabezonería do señor Fuente. Alfonso Fuente o que ten que facer agora é pagalo do seu peto, non se pode dicir iso porque é unha falla de respecto hacia a cidadanía e hacia os barreirenses e o BNG non lle vai permitir ao alcalde máis animaladas coma esa, non se pode dicir que gastou 200.000 euros en abogados porque lle deu a gana. Señor Alfonso Fuente iso é inaceptable na situación que vivimos e nunha persoa que dirixe, entre aspas, os destinos do Concello de Barreiros, porque agora mesmo o Concello está totalmente roto e sen dirección”.
Legalizar o ilegalizable
Para o voceiro do BNG en Barreiros “tampouco son de recibo as declaracións da delegada territorial da Xunta en Lugo, cando di que con eses 14 millóns de euros de cartos públicos se vai dotar de servizos e de saneamento a todos os veciños. Todo o mundo sabe que o plan sectorial non é para todos os veciños, todo o mundo sabe que é única e exclusivamente para eses catro núcleos onde están as grandes urbanizacións. O resto do concello seguirá sen o saneamento e seguirá sen unha rede viaria axeitada e sen suficiente forza eléctrica ou suficiente abastecemento de auga. Iso vai destiñado a legalizar o ilegalizable porque outros non puxeron eses cartos e ten que entrar a Xunta a pagar iso cos cartos de todos. O BNG se mostrou en contra dese convenio na nosa liña de coherencia e así o fixemos tamén na Deputación de Lugo, onde temos responsabilidades de goberno e dixemos non a meter cartos públicos para pagar as desfeitas dos outros”.
Acabóuse o prazo de presentación de alegacións a dito plan o pasado 10 de febreiro e “o que empeza dicindo ese plan sectorial redactado por técnicos da actual Xunta, empeza dicindo o que diciamos nós e o bipartito, que había grandísimos déficits en materia de abastecemento, de saneamento, de suministro eléctrico e tamén na rede viaria. Non sabemos como ao PP non lle cae a cara de vergoña, o PP o que ten que facer é acatar a setenza e non dicir que os que están engañados son os outros. Non pode ser que estivera engañado o Bloque, o PSOE, o BNG de Barreiros, a Consellería de Política Territorial da Xunta bipartita, non pode dicir que estea engañada a xustiza. Ao PP pásalle como a aquel despistado que vai pola autopista en sentido contrario e din pola radio coidado que ven un coche en sentido contrario e él di que son moitos máis, que os que van en sentido contrario son os outros. Algo así lle está a pasar ao PP de Lugo e de Barreiros, polo tanto nestes casos o PP o que ten que facer é apartarse para non entorpecer a circulación e non provocar máis accidentes dos provocados xa no concello de Barreiros”.




















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



