Nota de prensa:
O DVD CO QUE O AZKAR LUGO FS PROMOVE A FORMACIÓN EN VALORES A TRAVÉS DO DEPORTE PRESENTOUSE EN MONDOÑEDO
A Área de Deportes colaborou coa Fundación Azkar neste proxecto que, baixo a dirección da Fundación deste club, gravou e realizou Telelugo
Mondoñedo, 16 de marzo de 2011. O delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, presentou esta tarde na casa da xuventude de Mondoñedo, acompañado por Xusto Fernández, o DVD que promoveu o club lucense Azkar para tratar de xerar un debate crítico sobre os comportamentos, valores e actitudes axeitados que se deben introducir a través do deporte. No DVD están presentes os responsábeis das institucións que o promoven, como Antón Bao, Antonio Veiga ou Manuel Vázquez, ademais de deportistas de clubs lucenses como Hugo Sánchez, do Azkar, Regina, do Durán Maquinaria Ensino, Mauro, nadador, Sergio Arias, ex xogador do Lugo natural de Portomarín, Bruno García, adestrador do Azkar, ou Tito Margaride, atleta.
Desde un primeiro momento, a Área de Deporte apoiou esta iniciativa da Fundación Azkar Lugo porque fai chegar aos rapaces e rapazas, a través do DVD, exemplos e testemuñas de deportistas que coñecen, poñendo de manifesto a importancia de fomentar o deporte como un aspecto fundamental do desenvolvemento integral da personalidade. Antonio Veiga afirmou que “esta iniciativa parte tamén coa idea de subliñar a idea de que o deporte debe estar ao servizo do desenvolvemento da persoa, xa que moitas veces semella, sobre todo nos ámbitos profesionais, que a persoa é a que está ao servizo do deporte, e non debe ser así”.
A Área de Deportes da Deputación apoiou á Fundación Azkar para levar a cabo este proxecto, ao igual que Telelugo, quen se encargou totalmente da realización do DVD que dura uns 11 minutos. O DVD pretende forzar un debate crítico e construtivo nos clubs, nos deportistas e nos rapaces e rapazas lucenses sobre o conxunto de comportamentos, valores e actitudes axeitados que se deben aplicar no mundo do deporte, e se hoxe en día se están a aplicar no deporte lucense. As copias do DVS foron distribuídas por todos os centros de ensino, clubs e concellos lucense coa idea de chegar, sobre todo, a un grupo de idade entre os 9 e 14 anos, para espallar esta idea da formación en valores a través do deporte que se defendeu sempre desde a Fundación Azkar Lugo e a escola Terra.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



