Nota de prensa 1/2
HOXE ABRE AS SÚAS PORTAS EN RIBADEO UN LOCAL DE ENCONTRO PARA AS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS. TRÁTASE DUN ANTIGO LAVADOIRO, QUE FOI REHABILITADO GRAZAS AO CONCELLO E Á ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO.
Ribadeo, 28 de marzo de 2010. Hoxe abre as súas portas en Ribadeo un local de encontro para as asociacións veciñais. Trátase dun antigo lavadoiro, que foi rehabilitado grazas ao Concello e á Área de Cultura da Deputación de Lugo. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que así se satisface unha demanda que desde hai tempo tiñan eses colectivos.
O rexedor sinalou que “despois de varios meses de obras, puxemos en funcionamento e abrimos un local de encontro para asociacións veciñais, fundamentalmente de Ribadeo, debido a que elas desde hai tempo viñan demandando un espazo onde poder celebrar as súas xuntas. O Concello non tivo ata o de agora moitos espazos para poder utilizalos para esta finalidade”.
Suárez Barcia explicou que “tiñamos un antigo lavadoiro de principios do século XX, que nos últimos lustros era utilizado coma un almacén municipal de cachivaches. Eliminamos todo iso, cun taller de emprego iniciamos a rehabilitación do inmoble, sendo estritos cos criterios de patrimonio, e a onde non chegaron eses rapaces e rapazas, que o fixeron moi ben, conseguimos unha financiación da Área de Cultura da Deputación de Lugo para poder rematar eses traballos e para converter ese lavadoiro nun moderno local de reunións para asociacións”.
O alcalde lembrou que “o local, que vai cubrir unha carencia moi importante, está enclavado no casco vello e incluso moita xente de Ribadeo non sabe da existencia desta infraestructura. Penso que cando a vexan van quedar maravillados de cómo se rehabilitou e do servizo que vai prestar a todo este movimento asociativo tan importante que temos en Ribadeo, que nos últimos anos se foi reforzando, e desde o Concello queremos poñerlles instrumentos para que poidan facer o seu labor de reunión e de proposta correctamente”.
Fernando Suárez convidou “a todo este movimento asociativo para que hoxe, nunha xornada de portas abertas, se poidan pasar por alí e poidan no futuro inmediato, a partires de mañá mesmo, empezar a utilizar esa infraestructura tan bonita, tan esquecida e que quedou tan ben rehabilitada aquí en Ribadeo. Todos os veciños están convidados a achegarse a esta nova instalación”.
Nota de prensa 2/2
ANTONIO VEIGA ASISTIU Á INAUGURACIÓN DO NOVO ESPAZO DE REUNIÓNS PARA AS ASOCIACIÓNS RIBADENSES, NO ANTIGO LAVADOIRO DO CONCELLO
A Área de Cultura financiou esta obra con 25.186 euros, en resposta á necesidade das asociacións do
concello mariñao, que viñan reclamando dende hai tempo unhas instalacións axeitadas nas que reunirse
RIBADEO, 28 de marzo de 2011. O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde á inauguración do novo espazo de reunións para as asociacións de Ribadeo, acompañado polo alcalde do concello, Fernando Suárez Barcia. O novo local está situado no antigo lavadoiro e foi acondicionado grazas á Área de Cultura, que achegou 25.186 euros para as obras. O antigo edificio dos lavadoiros, que se atopa no casco antigo de Ribadeo, convértese así nunha infraestrutura axeitada ás necesidades das asociacións que desenvolven nel a súa actividade.
Segundo explicou Veiga, “cúmprese unha nova demanda dos ribadenses, esta vez no que atinxe ao movemento asociativo veciñal, xa que con este centro poderán á fin desenvolver as súas xuntanzas dun xeito máis cómodo e axeitado”. Afirmou que “deste xeito, a Área de Cultura da Deputación sigue na liña que se marcou ao comezo de proporcionar facilidades na medida do posible ao movemento asociativo lucense, xa que estes pequenos colectivos son quen máis o precisa nestes tempos”. O alcalde de Ribadeo deu as grazas á Área de Cultura por axudar ao concello con esta achega, que posibilitou a Ribadeo non só rehabilitar un inmoble que estaba practicamente en desuso, senón tamén empregalo para un obxectivo útil, xa que Ribadeo é un concello moi vivo, e cada vez máis, en materia asociativa”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



