RIBADEO .- Os participantes habituais nesta tempada nos faladoiros da emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) reuníronse nunha cea, que se desenvolveu no restaurante Mariñeiro, de Ribadeo. No encontro, que é a primeira vez que se celebra, participaron a maior parte dos tertulianos (unha vintena), pero outros non puideron asistir por diferentes motivos persoais. Os faladoiros de Onda Cero A Mariña, nas que se analizan asuntos de actualidade local e comarcal, celébranse os luns e xoves á unha e media da tarde dentro do programa “A Mariña na Onda”, que dirixe e presenta Beni Mántaras.
Cea de irmandade dos participantes nos faladoiros de Onda Cero A Mariña
Cea de irmandade dos participantes nos faladoiros de Onda Cero A Mariña
Relacionado
-
Ana Miranda en Mondoñedo: “Para que o agro galego teña voz directa en Europa é indispensable que o BNG estea na Eurocámara”
-
O Alcalde de Ribadeo xestionou numerosas melloras para as parroquias na entrevista que mantivo coa nova conselleira de Medio Rural.
-
Muras prepara unha nova edición Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio