Nota de prensa
MAÑÁ SÁBADO, O TEATRO DE BUXIGANGA CONVERTERÁ AS RÚAS DO CENTRO DE RIBADEO NUN ESCENARIO
Ás 21 horas, comezará na praza de San Roque, da man dos 7 grupos mariñaos que participan no programa, unha cadea de representacións que recorrerán o centro do concello. En caso de choiva, as actuacións realizaranse no Cine Teatro, con entrada gratuíta.
Antonio Veiga, que asistirá en representación da Área de Cultura da Deputación, afirma que “esta iniciativa da Área dá resposta á grandísima afección polo teatro que hai na Mariña”.
RIBADEO, 1 de abril de 2011. Mañá sábado, ás 21:00 horas, arrancará da praza de San Roque de Ribadeo o pequeno circuíto de actuacións que percorrerán o centro do concello, pasando polo Cine Teatro, e rematando na rúa San Francisco. Nesta representación colectiva participarán os grupos de teatro da Mariña que forman parte do programa Buxiganga, e son A Adala (Foz), Ardora (San Cibrao), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), O Bordelo (Cervo), Batán (Foz), TeatroCrea (Viveiro), e Raiolas (Alfoz).
O nacionalista Antonio Veiga, que asistirá a este acto en representación da Área de Cultura da Deputación, afirmou que “tanto Buxiganga como esta actividade en concreto dan resposta á grandísima afección que existe polo teatro na Mariña, comarca na que o programa é un éxito rotundo grazas tanto aos actores como a toda a xente que asiste ás representacións”. O delegado de Cultura animou a “todos os mariñaos que poidan achegarse, ou se atopen en Ribadeo mañá, a disfrutar desta actividade especialmente preparada para dar a coñecer o teatro mariñao e, en concreto, o teatro de Buxiganga”.
Os circuítos de Buxiganga, cuxa nova fase se presentou hai uns días no Museo do Mar de San Cibrao, teñen o obxectivo de potenciar o teatro en todas as súas vertentes como un elemento de transmisión cultural, ademais de fomentar o emprego do galego e cumprir unha importante función de cohesión e integración social. Na Mariña en concreto, e como afirmou Veiga, “é probablemente a comarca onde mellor funciona Buxiganga, as actuacións están sempre cheas de xente”. Este programa é un dos que máis satisfaccións dá á Área de Cultura da Deputación, xa que “non só posibilita aos grupos de teatro realizar actuacións con grande éxito entre o público, senón que tamén fomenta a aparición de novas agrupacións teatrais”. Na Mariña, 12 concellos darán acollida ás 29 actuacións que se realizan na comarca. Co programa Buxiganga, todos os grupos lucenses de teatro teñen a posibilidade de aumentar o número de representacións das súas montaxes teatrais.
ACTUACIÓNS DE BUXIGANGA NA COMARCA DA MARIÑA
| Alfoz | Alentía: A espada máxica
Metátese: O país da auga A Rabela: Miña sogra é incrible |
07/05/2011
05/06/2011 22/10/2011 |
18.00
18.00 20.00 |
| Ribadeo | Hipócrita: BarVarela
TeatroCrea: Encaixes de vidas Pinchacarneiro: O médico a paus |
12/06/2011
20/11/2011 23/10/2011 |
20.30
20.30 20.30 |
| Barreiros | A Rabela: Miña sogra é incrible
O Bordelo: Quintana dos vivos, anguria dos orfos Ardora: Residencial paradiso |
04/09/2011
23/10/2011 13/11/2011 |
19.00
18.00 18.00 |
| Riotorto | Ardora: Residencial paradiso
Raiolas: Non volvas, Salustio, non volvas Zampalladas: A cabana do tío Toño |
07/05/2011
11/06/2011 18/06/2011 |
22.00
22.00 22.00 |
| Burela | Nova Escena: O inspector
Ardora: Residencial Paradiso |
19/11/2011
12/11/2011 |
20.30
20.30 |
| Muras | Os Baluros: Recobrou o sorriso Eleuterio
Ardora: Residencial Paradiso A Adala: Borrando sombras |
16/10/2011
10/09/2011 22/10/2011 |
20.00
17.00 17.00 |
| Lourenzá | O Bordelo: Quintana dos vivos, anguria dos orfos
Falcatrueiros: O tanatorio |
05/11/2011
12/11/2011 |
20.00
20.00 |
| O Valadouro | Zampalladas: A cabana do tío Toño | 25/06/2011 | 22.00 |
| Ourol | Parápono: O reo
TeatroCrea: Encaixes de vidas |
11/06/2011
29/10/2011 |
19.00
19.00 |
| Cervo | Os Baluros: Recobrou o sorriso Eleuterio
Parápono: O reo |
13/11/2011
29/10/2011 |
19.00
19.00 |
| Viveiro | Rebuldeira: Comedia bífida
A Adala: Borrando sombras |
22/10/2011
15/10/2011 |
20.30
20.30 |
| O Vicedo | Falcatrueiros: O tanatorio
Pinchacarneiro: O médico a paus Axóuxeres: Farsa á escocesa e matrimonio do século XXI |
08/10/2011
22/10/2011 05/11/2011 |
19.30
19.30 19.30 |

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



