Nota de prensa
Rivera válese do Plan Emprega Lugo para maquillar os datos en épocas electorais
O alcalde de Foz non sabe onde meter o persoal do proxecto de promoción de emprego provincial, simulando a política de Zapatero co Plan E, con postos de traballo provisional nas administracións, e abandonando as empresas
Foz, 05/04/11.- O candidato PP de Foz, Javier Castiñeira, advirte que lle resulta chocante que dende o PSOE local se presuma de crear traballo co Plan Emprega Lugo, un traballo improdutivo e desorganizado, co único fin de sacar resultados electoralistas a dous meses dos comicios municipais.
O caso de Rivera non é máis que o resultado de seguir coa política de emprego do seu líder Zapatero, que endebeda e hipoteca o futuro dos contribuíntes malgastando os poucos recursos existentes en postos de traballo provisional, directamente dende a Administración. Dende o Partido Popular de Foz chama a atención ver a socialistas como Rivera presumindo de crear traballo, cando as súas políticas de emprego están dando un resultado de máis de 4.300.000 parados no país, unha débeda insostible resultado do Plan E e o que é máis grave, 1 de cada 2 mozos menores de 25 anos está desempregado, incluído os propios focegos.
É moi doado gastar os cartos de todos os lucenses e contratar dende as administracións máis persoal sen saber incluso para a onde mandalos, tal e como pasa en Foz onde se está a someter indignamente a moitas traballadoras a quitar as herbas das xuntas das plaquetas unha a unha á rastro para entretelas, habendo outros métodos máis sinxelos e prácticos para realizalos, ou traballos máis necesarios nas parroquias, tal e como xa denunciou o Partido Popular a semana pasada.
Os Populares de Foz propoñemos alternativas. O goberno local debe cambiar para rematar coa herdanza do PSOE e de Rivera de débedas aos provedores, impagos, desinvestimentos e incerteza con rutinas que non axudan aos emprendedores a confiar nunha vila con potencial desaproveitado. No desgoberno de Rivera non se apoian as pequenas empresas e autónomos, como promove o Partido Popular de Foz, que son os que verdadeiramente poden e deben crear emprego produtivo; non se dan solucións para que se localicen novas empresas e se encha o polígono que ten abandonado, e rexéitase facer de Foz unha vila máis atractiva para que confíen nel investidores externos e os propios empresarios focegos e se empece a crear emprego de verdade e non só de propaganda electoral.
Esa mesma incerteza e desconfianza que creou Rivera na vila tena nos seus propios compañeiros de candidatura, que moitos deles comentaron publicamente estar en desacordo coas súas actitudes personalistas e continuistas e auguran un verdadeiro fracaso electoral.
Para axudar a crear emprego, o señor Rivera debería facer como o seu líder Zapatero, non volver presentarse ás eleccións, e deixar paso aos que teñen ilusión, gañas de traballar e non entramos na política para pelexarnos e moito menos pensando na xubilación anticipada, senón en servir os nosos veciños e a nosa vila como ben se merecen.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



