Nota de prensa:
Así o establecen os estudos elaborados pola Xunta e remitidos á UE analizando o impacto socioeconómico da redución do TAC desta especie, unha cifra é aínda maior de terse en conta outros recortes como o da xarda
O pp salienta que o fracaso do ministerio de medio mariño fará que a nosa comarca perda máis de dez millóns de euros só co recorte do 93% na cota do lirio
Balsiero salientou o intenso traballo que está a desenvolver a Rosa Quintana no obxectivo de compensar a falta de reacción e mala negociación do Goberno central en materia de pesca.
Burela, 8 de abril de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular quixo poñer cifras ao fracaso do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño na negociación das cotas pesqueiras para 2011. Só na Mariña lucense perderanse máis de 10 millóns de euros co recorte do 93% na cota do lirio, perdas que afectan tanto á flota pesqueira como ao resto da industria dependente da actividade extractiva do arrastre do litoral. Esta cifra, “pode ser maior incluso”, de terse en conta outros recortes nos límites de captura de peixes impostos para outras especies de interese comercial para a flota desta comarca como é o caso da xarda. Balseiro explicou que a cuantificación destas perdas aparece recollida nos estudos elaborados pola Xunta e remitidos á Unión Europea para darlle conta do impacto socioeconómico que a reducción dos TAC para 2011 trae consigo.
Jose Manuel Balsiero salientou o intenso traballo desenvolvido pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana e o seu equipo, no obxectivo de compensar a falta de reacción e mala negociación do Goberno central en materia de pesca. Así por exemplo foi a Xunta de Galicia, e non o Estado, quen elaborou os informes biolóxicos e socioeconómico que presentaron a pasada semana en Bruxelas á presidenta da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga, e á directora xeral da DG MARE da Comisión Europea, Lowri Evans. “Informes que sustentan cientificamente as peticións da Xunta e do sector”, e que nacen de feito da estratexia deseñada na mesa de traballo que a Consellería do Mar puxo en marcha o pasado decembro e integrada por técnicos da Xunta e representantes do sector do arrastre.
UNHA SOLUCIÓN A CURTO PRAZO
Segundo explicou Jose Manuel Balsiero os informes elaborados pola Xunta de Galicia foron determinantes para que a Comisión Europea estude a posibilidade de autorizar a captura no sur de 1.300 toneladas máis asignadas ata o momento ao stock do norte. Esta iniciativa que o MARM plantexaou á Comisión Europea, é en realidade unha das solucións propostas pola mesa de traballo creada por Galicia, o que –segundo Balseiro- novamente da conta de quen está a levar a iniciativa en defensa da flota . “Madrid asume a proposta de Galicia e a traslada a Bruxelas”. Con todo o voceiro popular do Mar quixo deixar claro “que esta non é a solución ideal, senón que é un remendo a curto prazo” e insistíu en que hai que avanzar nunhas maiores cotas, “ese é o obxectivo final, incrementar os límites de captura, e o Ministerio, que é o organismo competente para a negociación en Europa non pode renunciar a elo”.
SÓ DA MAN DE GALICIA O GOBERNO ACERTA
Finalmente o voceiro do Mar do Grupo Popular amosouse partidario de crear un gran grupo de presión galego en Bruxelas en defensa do noso sector. Unha idea que comparte a flota galea pois observa como “hai unha administración que se implica, que é a Xunta, que ten experiencia, coñecementos e capacidade, e outra, o Ministerio á que lle parecen superar todas as problemáticas que van xurdindo”. Nesta liña Balseiro explicou finalmente que en materia de pesca o Ministerio que dirixe a socialista Rosa Aguilar, “acerta cando rectifica” e así por exemplo valorou moi positivamente que vaia a ser a conselleira do Mar Rosa Quintana quen estea presente, dentro da delegación Española, no próximo consello de Ministros da Unión Europea. O voceiro popular lembrou que cando se negociaron os límites de pesca para 2011 (TAC e cotas) en vez de ir o Goberno do Estado acompañado de Galicia “a comunidade con maior peso na flota europea” foi acompañado de Estremadura “unha comunidade sen mar, “e hoxe vemos e sufrimos as nefastas consecuencias desa decisión”. Balseiro Orol concluíu o seu alegato sinalando que “os únicos logros do Estado son posible cando vai da man de Rosa Quintana”

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



