NOTA DE PRENSA
XXI CURSO DE MÚSICA SEMANA SANTA 2011 DO 18 AO 22 de abril
VENRES, día 22 de Abril ás 19.00h.
CONCERTO DE CLAUSURA
Salón de actos do Centro Cívico de Xove
O “CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA” comeza a
súa andaina aló polo ano 1990 coa idea de poñer en contacto
aos rapaces e rapazas co mundo profesional dentro da músi-
ca. Para levar a cabo este proxecto era necesario contar coa
colaboración de profesores cunha ampla traxectoria no mun-
do das orquestras profesionais. Estamos a falar do ano 1990
cando se celebra a primeira edición, e así ano tras ano ata a
décimo oitava edición que se celebrará este ano 2010.
Foi pioneiro pola súa concepción, xa que os cursos que se viñan
ofertando consistían en clases individuais de técnica instrumen-
tal e clases colectivas para traballar repertorio, esixindo case
sempre que o alumno escollera o repertorio a traballar da espe-
cialidade instrumental correspondente.
O curso que se oferta é innovador xa que a base do seu plante-
xamento consiste na aprendizaxe por medio do traballo dentro
da orquestra, e ofrece a posibilidade de que alumnos de diferen-
tes niveis poidan participar, xa que se establecen diferentes
formacións orquestrais ou de cámara segundo os coñecementos
dos participantes, facendo especial fincapé no traballo por gru-
pos e a coordinación.
Coma novidade para o presente curso retomamos a colabora-
ción coa coral “Alborada” de Viveiro, celebrando o tradicional
concerto o Lúns.
PROFESORES COLABORADORES:
MANUEL FERN, MANUEL FERNÁNDEZ GAYOL, OLALLA CANOURA LÓPEZ,NAZARET CANOSA ÍNSUA, REBECA MASEDA LONGARELA,IVÁN SISO, SAÚL CANOSA ÍNSUA,