Nota de prensa:
Vitoria do Burela FS ante o equipo azulgrana (5-3) logo dun final brillante
Viviu Vista Alegre un deses partidos vibrantes que se deixan ver de vez en cando e que levantan a afección burelá. O equipo que dirixe Suso Rey perdía a falta de tres minutos para o final, cando se puxo a xogar con Purao de porteiro xogador e levantou un marcador que daquela mostraba un inquietante 2-3. Primeiro anotou Purao un excelente disparo para o empate, no minuto 37, e, pouco despois, Víctor Chacón remataba desde o lado dereito un balón que pegou en Roger e entrou para subir o 3-4 ao electrónico. Juanma rematou a faena (5-3, minuto 39) despois dun roubo de balón cos cataláns xogando con porteiro xogador.
Un partido que empezou mal o Burela FS, recibindo un gol de Asenjo no minuto 7 (0-1) e índose ao descanso con desvantaxe, finalizou cunha vertixe impresionante. Importante esta vitoria que deixa o conxunto laranxa co play off a tiro de pedra a falta de poucas xornadas para o final.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
