Nota de prensa
Os nacionalistas ofrecen un “Pacto por Ourol” para crear emprego, aumentar servicios e parar o despoboamento.
Marcelino Otero encabeza a lista do BNG en Ourol.
A Asemblea Local do BNG de Ourol procedeu a aprobar a lista coa que concurrirá as vindeiras eleccións do municipais do 22 de Maio e que outra vez volverá a ser encabezada por Marcelino Otero Franco, veciño dos Colviños, delineante, traballador dunha empresa de xestión de servicio e Presidente da asociación Cultural “O Milleiro”.
Marcelino Otero afirmou que “ a candidatura do BNG é unha equipa para posibilitar o cambio político do que Ourol está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun Concello dirixido por un goberno esgotado, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos, democracia, en definitiva, que debe representar un novo xeito de entender a política local, non como espacio para a confrontación, senón como legar de diálogo en defensa do interese xeral de Ourol”
O candidato nacionalista adiantou que “as liñas centrais da alternativa programática dos nacionalistas van na triple dirección de favorecer o desenvolvemento económico do Concello, afortalar os servicios sociais e mellorar as infraestructuras municipais básicas. Non hai posibilidade algunha de asentar a poboación no Concello se non se actúa nestes tres eixos”, ao par que fixo un chamamento a un Pacto por Ourol “ porque é momento de buscar solucións e non de agravar aínda máis os problemas dos nosos veciños. Podemos e temos que poñernos de acordo o conxunto dos grupos que nos presentamos a estas eleccións e que imos formar parte da próxima corporación deixando a un lado as diferencias partidistas, a comezar pola creación de emprego, a mellora de servicios e a creación de solo residencial ,na medida que unha cuestión previa para posibilitar asentar poboación no Concello e que o despoboamento se paralice. Ourol estase desangrando ano tras ano, perdendo veciños a un ritmo moi grande, polo que debemos estar a altura das circunstancias”.
Os nacionalistas destacaron que “ a nosa candidatura é unha equipa de traballo, social e xeograficamente plural, con gañas e ilusión sen outra atadura que a defensa do interese xeral. Un equipa renovada na práctica totalidade, agás na cabeza de lista, pero sobre todo homes e mulleres que non son máis que a cara dunha proposta de futuro para o noso Concello que a que se recolle no noso programa. En definitiva é unha comprometida co interese xeral que non co particular, co noso concello que non con pexes partidarias e fundamentalmente cunha vocación de servicio a todos os veciños. Presentamos para solucionar problemas, non para crear outros, dividindo aos veciños ou enlameirando a vida política local”.
A candidatura do BNG completase cos seguintes persoas nesta mesma orde: Susana López Hermida (Ourol – Ensinante e ex-directora do CEIP de Ourol), Chefa Penabade(San Pantaleón-Pintora), Xoán Carlos López Hermida(Miñotos-Técnico Informático), Roberto Bouça (Sabucedo-Musico), Loli Cora(O Carme-Asalariada), Samuel Fernández(Ourol-Autónomo) Xoán Carlos Maseda (Asalariado-Merille), Carina(Miñotos-Perruqueira) e Pedro Trigo, natural de Ourol, emigrante en Cuba, actualmente residente en Barcelona, heroe de Moncada e irmán de Xulio Trigo. Marcelino Otero destacou o convencemento da totalidade dos membros da candidatura de que “chegou a hora do cambio político a Ourol. Os resultados de fai catro anos, onde o PP mantivo por un escaso marxe a maioría absoluta , non deixan lugar a dúbidas de que o próximo 22 de Maio ábrese un novo tempo en Ourol, un novo tempo que pensamos que vai ser liderado polo BNG e que vai significar en primeiro lugar a devolución do poder aos veciños, queremos que sexan os veciños quen gobernen no noso Concello e poñer remate ao secuestro do mesmo por parte do Goberno Local”


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



