Nota de prensa
UNIFOZ, seguindo co plan de traballo marcado , estase a reunir cos diferentes colectivos de Foz, coa idea de elaborar un progrma que sexa real e responda o sentir dos veciños e os diferentes colecivos.
Fai uns días UNIFOZ xuntouse cos colectivos deportivos, para analizar a situación dos mesmos no que serefire a instalacións e necesidades.
UNIFOZ comprometese publicamente a que antes de facer actuacións relacionadas co mundo do deporte facerá consulta cos colectivos implicados como parte interesada coa finalidade de que o proxecto responda as necesidades dos mesmos, asi mesmo se compromete a:
-Urxente necesidade da organización e de redifinir os espacios deportivos Municipais con obxectivos de eficiencia e eficacia, cun plan que conte con medios materiais e humanos para o mentemento das instalacións.
-Desenvolvemento dun proxecto de Turismo-Deporte, para que dentro da nosa oferta turística se integre oferta de A, deportivas en especial as relacionadas co noso mar como o Surf, Vela, Piragüismo, Tenis, pesca deportiva.
-Constru. Dun novo local para o Clube de Piragüismo Kayak (plan de emprego)
-Creación dun PATRONATO DE DEPORTES, para mellorar a finaciación dos colectivos, coa sinatura de acordos con entidades privadas e públicas.
-Concurso para concesión de transporte de clubes e asociacións, con garantías de pago en prazo e forma.
-Estudio dunha pista de atletismo supra-municipal.
-Construcción dun Local Social para o Clube de tenis.(plan de emprego)
-Elaboración de convenio para xestión de instalacións e fomento do deporte de tenis.
-Regular precio de uso de instalacións da Piscina Municipal para Asociacións deportivas e discapacitados
-Dotar de máis vestiarios para Campo de fútbol de Malates. (plan de emprego)
-Persoal para coidado de instalacións deportivas no campo de fútbol de Malates.
-Plan de mantemento de instalacións deportivas.
-Proxecto de cubrir pistas de deportes en parroquias.
Onde se fai referencia de instalacións con plan de emprego, ten con significado que o plan de emprego de contratación temporal terá como obxectivo a dotación de mellora de servizos para os cidadáns.
Nestes días UNIFOZ, reunirase con P.Civil e e coas mulleres que antenden o Roupeiro Municipal, neste sentido seremos a primeira formación política que se reune con estes homes e mulleres que de forma voluntaria fan un traballo tan importante para a nosa sociedade.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



