Nota de prensa:
O BNG PROPÓN A ELIMINACIÓN DE 135.000 EUROS DOS ORZAMENTOS 2011 DEDICADAS A PROPAGANDA E PROTOCOLO, EXTERNALIZACIÓN DE SERVIZOS E PARTE DOS SALARIOS DO GRUPO DE GOBERNO
Os nacionalistas dedicarían os 135.000 euros ao fomento do emprego autónomo, apoio ao comercio e hostalería, difusión turística, educación, deporte, cultura, política social, e extensión de internet ao rural do municipio.
Critican por esaxerado o gasto en propaganda e din que non e momento de malgastar senón de utilizar os recursos enfocados á creación de emprego, da política social e o benestar da xente.
Cervo, 25 de abril de 2011. O BNG propón a modificación de partidas económicas dos orzamentos municipais para 2011 eliminando aquelas que supoñen gastos en propaganda e protocolo ademais dunha redución dos salarios do grupo de goberno para dedicalas ao fomento do emprego con medidas de apoio aos novos emprendedores, ao comercio e hostalería locais, á difusión turística, ao deporte e a cultura, a políticas sociais e a modernización do concello coa extensión das redes de internet a zonas que na actualidade aínda non dispoñen deste servizo. Os nacionalistas despois dun exhaustivo estudo da proposta orzamentaria do goberno local para 2011 concluíron que “o PP segue instalado na propaganda e non bo vivir, esquecendo mais que nunca nun contexto de crise económica e de desemprego como o actual, que os recursos públicos deben ser utilizados ao servizo da xente e das súas necesidades e non como panca partidista ao servizo de quen goberna.
Os 135.000 euros que o PP dedica a propaganda e auto bombo, salarios e contratas para os de sempre deben poñerse ao servizo da xente de Cervo.
Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, “mentres o PP segue instalado no auto bombo e o bo vivir outros a duras penas chegan a fin de mes” , non é propio dun goberno responsábel que conta con persoal municipal capacitado, contratar empresas ou persoas externas para facer traballos que deberan saír de balde, a non ser que o que se pretenda e darlle de comer aos amigos e achegados”. Os nacionalistas criticaron así a política orzamentaria do PP “que lonxe de utilizar os recursos públicos con prudencia parecen ser a fonte da que beben os membros do grupo de goberno, os seus parentes e algún amigo.”
PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE CERVO PARA 2011
| REDUCCIÓN | TOTAL REDUCIÓN | GASTO PROPAGANDA E EXTERNALIZACION SERVIZOS | 135846,45 |
| NOVO INVESTIMENTO | PROPOSTAS DE ACTUACIÓN | PARTIDAS | |
| INFRAESTRURAS | INTERNET RURAL | REDE WIMAX RURAL | 15000 |
| PROGRAMA ACTIVIDADES CENTROS RURAIS | PROGRAMA ESTÁBEL CENTROS SOCIAIS RURAIS | 15000 | |
| EMPREGO | AXUDAS A EMPRENDEDORES | AXUDAS A EMPRENDEDORES | 25000 |
| APOIO COMERCIO E HOSTALERÍA LOCAL | DINAMIZACIÓN DO COMERCIO E HOSTALERIA | 15000 | |
| TURISMO | DIFUSIÓN E DESESTACIONALIZACIÓN TURÍSTICA | 15000 | |
| P. SOCIAL | ENTIDADES DEPORTIVAS | INCREMENTO APOIO ENTIDADES DEPORTIVAS | 10000 |
| EDUCACIÓN | MANTEMENTO EDIFICIOS E MATERIAL EDUCATIVO | 10000 | |
| CULTURA | EVENTOS CULTURAIS | 15000 | |
| POLITICA SOCIAL | 15000 | ||
| TOTAL | 135.000 | ||
O BNG trasladou hoxe ao pleno onde se debateron os orzamentos para 2011 esta proposta
Estúa explicou que trasladou esta proposta hoxe ao pleno da corporación onde se debateron os orzamentos para 2011 e agarda que o goberno local tome nota, cando menos dalgunha das emendas presentadas. De non ser así o nacionalista xa anunciou que de producirse o cambio no goberno local a partir do día 22 de maio, este paquete de investimentos aplicaríase como compromiso dos nacionalistas na execución orzamentaria.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



