Nota de prensa
www.sdburela.es
I TORNEO DE FÚTBOL-7 CONCELLO DE BURELA
RESUMO I TORNEO DE FÚTBOL-7 CONCELLO DE BURELA
A primeira edición do torneo de fútbol sete que organiza a SD Burela
en colaboración co Concello de Burela conseguiu un grande éxito. O
novo campo de herba artificial foi o lugar de reunión de numerosos
afeccionados e xogadores ao longo dunha xornada deportiva e lúdica
para os máis pequenos.
No total das tres categorías o Santiago de Foz proclamouse vencedor
logo dun grande xogo en todas elas ao vencer aos participantes da
SD Burela.
Os primeiros en saltar ao terreo de xogo, alá por as once da mañá do
domingo, foron os benxamíns do Burela e do Santiago de Foz (2-0
para os verdes). No campo dous vencerían por seis goles a cero os
prebenxamíns da SD Burela ao SD Ribadeo. Tras estes partidos
xogarían os alevins da SD Burela nun novo enfrontamento contra o
Santiago de Foz, con vitoria para os nosos veciños, e o segundo
equipo da SD Burela caería derrotado ante o ED Lourenzá. O segundo
equipo benxamín da entidade debutou despois en duelo directo
contra o Santiago de Foz que venceu por 5-1. Nesa mesma hora
xogaron o Santiago de Foz e o Ribadeo en prebenxamíns (gañaron os
focegos por un avultado 13-0) A xornada de mañá finalizaría cun
dobre duelo de alevins entre a SD Burela A contra a ED Lourenzá,
reedición do campionato da Mariña de fútbol 7 alevin, ( venceron os
verdes) e un partido entre o alevin b da SD Burela e o Santiago de
Foz (con resultado a favor dos focegos).
Tras un descanso, a actividade volvería a comezar as 16:00 horas
con dous emocionantes partidos entre os dous equipos da SD Burela,
(4-4) e un gran de partido de prebenxamíns entre o equipo local e o
Santiago de Foz (vitoria para os locais por dous goles a un). Acto
seguido sería a última xornada de alevins, con dobre enfrontamento
entre o Lourenzá e o Santiago de Foz de categoría alevin, onde
tamén se xogaría un enfrontamento entre os dous equipos da SD
Burela alevin con vitoria para focegos e o primeiro equipo da SD
Burela.
Na quenda de finais producíronse tres enfrontamentos entre a SD
Burela e o Santiago de Foz. Na primeira final o Santiago de Foz
vencería ao SD Burela benxamín A cun brillante xogo entre ambos
equipos. Acto seguido sería a final dos máis pequenos da competición
entre a SD Burela e o Santiago de Foz. Os rapaces de Cristian Fustes
demostraron unha magnífica evolución de xogo e superioridade física
ante os locais, que en ningún momento tiveron opcións de gañar a
final, e caeron derrotados por 0-3. Para rematar, o primeiro equipo
da SD Burela alevin mediríase ao equipo da AD Santiago de Foz,
campión provincial, caendo derrotado por cinco goles a un.
Unha vez rematados os partidos, produciuse a entrega de premios a
todos os equipos por parte da tenente alcalde Neves Cando e do
concelleiro Pascual Domenech






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
