Nota de prensa
O GMPP: “o PSOE non fará nunca o corredor Barreiros-San Cibrao”.
Barcia asegura que o alcalde perxudica os intereses de Burela.
Os populares consideran inútiles as visitas de Blanco a Burela.
Burela, 28 de abril de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que o PSOE é unha auténtica cruz para os cidadáns de Burela porque non tén ningunha intención de facer nada no corredor Barreiros-San Cibrao, obra que é fundamental para a economía burelesa en particular e da comarca en xeral.
O portavoz municipal e candidato á alcaldía polos populares, José María González Barcia, compareceu en rolda de prensa acompañado polos concelleiros Manuel Fernández Valle e Pablo Pernas Chao, para analizar o debate que se suscitou no Parlamento Galego o pasado martes a raíz dunha proposición non de lei do Grupo Popular sobre o corredor Barreiros-San Cibrao, que saiu adiante cos votos dos populares e do BNG, pero que contou coa oposición do PSOE.
González Barcia indicou que “a postura do PSOE no Parlamento Galego é ilustrativa do desinterés socialista pola obra do corredor Barreiros-San Cibrao: non van facer nada, non lles interesa, e eso perxudica claramente os intereses de Burela, porque este vial é a saida lóxica para enlazar coa A-8 e así sacar o peixe que se subasta en Burela cara os seus puntos de destino en Galicia e no resto de España. Aí radica a enorme importancia que tén este vial para Burela”.
Barcia considera que “que fora Ismael Rego quen defendera a postura do PSOE é realmente triste, porque demostra que non lle interesa para nada Burela e só defende os intereses do seu partido. Pero bueno, indicou Barcia, xa estamos acostumados, Rego o que máis fixo na súa vida política foi poñerlle atrancos de forma continuada a Burela”.
E non deixou escapar ó alcalde burelés. “Este home tén demostrada a súa incapacidade política para facer nada, porque a súa bandeira non é o traballo. Pero a súa postura neste asunto é mui grave: primeiro, díxonos que habería unha reunión con José Blanco sobre as alegacións que Burela presentou no seu día ó trazado proposto por Fomento, pero non houbo tal reunión. Segundo, non se preocupou nin o máis mínimo para que se resolvesen as alegacións, e así levamos nada máis e nada menos que vinte meses. E terceiro, cando se lle pide que se comprometa con Burela, esixíndolle a Fomento que fixe prazos e resolva as alegacións, vota en contra”.
Para Barcia, “esto demostra que este alcalde non é de fiar, porque por non molestar ós seus superiores dentro do partido, cala a boca de forma cobarde, ainda que sexa perxudicando os intereses de Burela. Eso sí, á mínima arremete contra Feijoo e contra a Xunta, cando a Xunta sí está cumplindo con Burela, como demostra que saque a exposición pública de novo o acceso ó porto que se paralizou durante o mandato da Xunta bipartita”.
O popular lembrou que o alcalde de Burela chegou a asistir a reunións polo tramo San Cibrao-Ferrol, que depende da Xunta; tramo que todo o mundo sabe que está en obras, menos o alcalde burelés, pero nunca moveu un dedo por resolver o que realmente nos afecta que é o corredor Barreiros-San Cibrao, porque pode pasar polo noso termo municipal.
Finalmente, o candidato dos populares afirmou que as visitas de Blanco a Burela non serviron para nada, porque nada se gañou con respecto ó corredor Barreiros-San Cibrao: foron unha tomadura de pelo ós veciños de Burela e unhas visitas inútiles”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



