ego
Nota de prensa
O INLUDES recibe un certificado de calidade de AENOR pola execución do Pacto Provincial polo Emprego
– A Vicepresidenta Segunda da Deputación recibiu este mércores o recoñecemento de mans do director en Galicia da Asociación Española de Normalización e Certificación, Martín Pita
– Lara Méndez destacou a relevancia da certificación, pois supón que unha entidade independente e de prestixio constata “unha labor modélica” na execución do proxecto de inserción laboral impulsado polo organismo provincial
– O Pacto polo Emprego contempla a realización de 45 accións formativas que benefician a 576 desempregados da provincia
O Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) recibiu a certificación de calidade ISO 9001:2008 de AENOR polo deseño e desenvolvemento do Pacto Provincial polo Emprego, un proxecto que puxo en marcha a entidade dependente da Deputación co obxectivo de favorecer a inserción laboral dos lucenses. A Vicepresidenta Segunda do organismo provincial, Lara Méndez, recibiu este mércores no salón de actos do INLUDES o distintivo de mans do director da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) en Galicia, Martín Pita López.
Lara Méndez destacou a relevancia do certificado, pois supón que unha entidade independente e de prestixio como AENOR constata “unha labor ben feita, a execución modélica dun proxecto de vital importancia como o Pacto Provincial polo Emprego, co-financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo, nuns momentos difíciles como os actuais, nos que é determinante emprender políticas activas de emprego”. Este recoñecemento, que supón o máximo estándar de calidade existente, pon de manifesto que o Pacto é un “modelo de xestión” e “anímanos a seguir traballando na boa dirección”, engadiu a Vicepresidenta Segunda, que quixo dar os seus parabéns o equipo de profesionais que fixo posible conseguir o distintivo.
O Pacto Provincial polo Emprego contempla a realización de 45 accións formativas, que benefician a 576 desempregados de tódolos concellos da provincia, excepto o de Lugo, que ten máis de 5.000 habitantes e o seu propio Pacto. Nestes momentos, todos os cursos están en marcha. A formación que se imparte está relacionada coas áreas sociosanitaria, hostalería, turismo e forestal, e ten un custe 0 para os participantes, que reciben unha axuda económica equivalente ó 75% do IPREM, é dicir, uns 400 euros mensuais. En canto a súa distribución, 246 pertencen ós Concellos da zona centro; 192 á Mariña e 138 á zona sur.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



