Nota de prensa
Basanta afirma que non vai consentir que a desfeita económica do Concello sexa unha coartada para recortar os servicios sociais.
Os nacionalistas demandan que remate a marxinación de Foz por parte da Xunta na concentración das urxencias.
O Candidato a Alcaldía do Bloque Nacionalista Galego, Xoán Carlos González Basanta, que participou hoxe na concentración convocada en defensa das urxencias médicas para o Concello denunciou “ a discriminación que representa para Foz non contar cun servicio de urxencias as 24 horas durante os 365 días do ano, non só por tratarse do único Concello de Galiza desta dimensión poboacional que carece do mesmo, senón porque impide contar cunha prestación que os veciños de Foz nos merecemos. A ausencia de urxencias médicas que é o resultado dun castigo político por parte do Partido Popular, urxencias que levamos reivindicando de xeito continuado e modélico durante vinte anos, representa unha inxustiza histórica que debe e ten que ser reparada”.
Basanta que recordou que todos os logros que se teñen conseguido na mellora dos servicios sanitarios son o resultado da perseveranza na loita, desde o medico de tarde até ambulancia medicalizada, indicou que “ a ausencia de urxencias médicas con ser o caso máis flagrante da discriminación á que se someteu Foz por parte da Xunta de Galiza non é único e aí esta como mostra a negativa do PP a poñer en marcha en Foz dun centro residencial de día, que a máis de mellorar a atención aos nosos maiores criaría preto de 100 empregos. Neste sentido non ten nome a posición dos populares de Foz, que na contra de defender os intereses dos seus conveciños, no caso das urxencias ou da residencia, póñense do lado da Xunta para defender a marxinación e a discriminación das xentes de Foz”.
O candidato nacionalista que lamentou “ a falla de miras doutras formacións políticas que non son capaces de sacar do debate partidario temas que son de interese para o conxunto dos veciños como os servicios públicos, aspecto no que é necesario a unidade do conxunto da sociedade para esixir diante da Xunta o que como pobo nos merecemos. Non pode ser que mentres Foz se queda atrás e segue a perder servicios como aconteceu neste curso coa oferta educativa, onde a Xunta de Galiza lle pasou navalla a varios ciclos formativos, mesmamente no caso de hostalería, se mire para outro lado ou o que aínda é peor se de por boas estas políticas”.
“Non todos somos iguais” afirmou Basanta quen lembrou que “no período que o BNG fixo parte do Goberno da Xunta cumpriu con Foz nesta materia como se pode observar na Escola Infantil do Bahia, a máis importante dotación social do concello en materia social dos últimos 20 anos”.Asemade continuou afirmando que “ a nosa proposta é clara, e non imos permitir que a desfeita económica cometida entre 2007 e 2010, onde o grupo de Goberno de Foz, capitaneado por Rivera e Cancio, reduciu o diñeiro que tiña en caixa o Concello de 5.020.847,96 € a 61.438,03 €, implique unha merma nos servicios sociais que se veñen prestando, na contra entendemos que se deben reforzar os servicios da axuda a domicilio, universalizándoos de xeito progresivo para que cheguen a máis persoas e fixando a súa gratuidade para aqueles grupos de renda que por razóns económicas non poden facer fronte ao pago do servicio”.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



