Nota de prensa
O CONCELLO REPARTE HOXE AS TARXETAS DE RENOVACIÓN DOS POSTOS DO MERCADO SEMANAL DOS MÉRCORES. FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE ESTA CITA GOZA DE MOI BOA SAÚDE E QUE SE RECAUDAN MÁIS CARTOS QUE HAI ANOS, SEN SUBIR NIN UN SÓ CÉNTIMO AS TAXAS.
Ribadeo, 18 de maio de 2011. O Concello reparte hoxe as tarxetas de renovación dos postos do mercado semanal dos mércores. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que esta cita goza de moi boa saúde e que se recaudan máis cartos que hai anos, sen subir nin un só céntimo as taxas.
O rexedor explicou que “no día de hoxe estamos a repartir as tarxetas de renovación dos postos do mercado semanal de Ribadeo, despois de que hai xa mes e pico aprobásemos unha ordenanza, que estivo en exposición pública ata o venres pasado, e agora temos que notificar ás persoas que cumpriron cos seus requisitos a autorización anual”.
Suárez Barcia subliñou que “temos en total 66 renovacións e 8 postos novos, que levaban moitísimo tempo agardando en lista de espera. Isto significa que este mercado goza non de boa senón de moi boa saúde, como demostra que tantos profesionais queiran seguir vindo aquí”. O alcalde lembrou que “o que tivemos que soportar e sofrir no goberno municipal de Ribadeo, hai uns dous anos, cando de maneira inxusta se nos fixo unha manifestación, os membros da Corporación que están na oposición azuzaron, pero ao final non conseguiron absolutamente nada”.
O rexedor de Ribadeo dixo que “nós en cifras conseguimos recaudar moitísmo máis sen incrementar as taxas, simplemente co estricto cumprimento de que cada un debía pagar pola superficie que ocupaba. E así pasamos no ano 2006 de recaudar uns 36.000 euros ao 2010 recaudando uns 57.000 euros anuais e agora neste 2011 cambiamos o sistema de pago para facérllelo máis atractivo aos ambulantes, para que teñan menos excusas e problemas e agora unha vez aprobada definitivamente a ordenanza é cando se procede á renovación das autorizacións anuais”. Fernando Suárez engadiu que da estas explicacións porque “hai tres ou catro semanas tiven unhas críticas infundadas, como moitas veces se me fan por parte da oposición porque como non teñen materia de onde sacar se adican a difamar. Pero agora vemos como todo volta á normalidade, hai máis xente que nunca, o mercado de Ribadeo goza de moi boa saúde e recaudamos máis que nunca, eso sí sen subir as tarifas nin un só céntimo”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



