Nota de prensa
O Goberno provincial demostra que os 25 anos do PP na Deputación foron a peor das hipotecas para á provincia
– Gato Soengas mostrou con fotos e imaxes a actividade do PP á fronte da institución salientando que “ante as reiteradas mentiras do señor Barreiro, vémonos na obriga de desvelar feitos que o poñen en evidencia”
– “Acúsasenos de gastar en asesores cando o PP firmou por unanimidade a distribución de persoal en agosto de 2007 polo que ten 3 asesores, 5 soldos e, por 1º vez nesta institución, un local onde sentarse e facer a súa labor”
– “Recuperamos o Hotel Miño, unha das operacións máis ruinosas na provincia que serviu ó PP para pagar o 1º caso de transfuguismo en Galicia xa que adquiriu este ben a un Deputado para comprar a outro e así amarrar a maioría absoluta na provincia”
– O Deputado demostra, coas actas de traballo e un video, que a Fundación TIC só se adicaba a cubrir os actos políticos do Partido Popular, pasando factura ás arcas públicas
O Goberno provincial demostrou que os 25 anos nos que o Partido Popular estivo á fronte da Deputación foron a peor das hipotecas para á provincia. O Deputado da área de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, comparou este mércores as actuacións levadas a cabo polo PP mentres estivo á fronte do organismo provincial, coas executadas nesta última lexislatura. Para elo, Gato Soengas mostrou fotografías e ata un video, desvelando a actividade da institución durante o mandado dos populares. O Deputado subliñou que “ante as reiteradas mentiras do señor Barreiro que segue sen aceptar que non chegou a ser Presidente da Deputación e que continúa vivindo esta frustración, vémonos na obriga de desvelar feitos que o poñen en evidencia”:
– Emprego : “acúsasenos de gastar en asesores e de colocar a amigos cando o PP firmou por unanimidade a distribución de persoal en agosto de 2007, e cando o Partido Popular ten 3 asesores, 5 soldos e, por primeira vez nesta institución, un local onde sentarse e facer a súa labor de institución, un dereito que o PP sempre lle negou a outros partido políticos cando gobernaba. Isto non é ningunha axencia de colocación de amigos, senón que, igual que Feijoo ten asesores, por certo 50 só para el e 140 na Xunta de Galicia, os nosos asesores cesan cando cese a corporación e non quedan fixos con todo o seu árbol xenealóxico como facía o PP. O Deputado aclarou ademais que “grazas os nosos asesores creamos o apartado de Fondos Europeos que conseguiu 25 millóns de euros para esta Deputación con programas como o Km0 ou o Innova-TE”.
En comparanza, Gato Soengas destacou que o actual equipo de Goberno puxo en marcha un programa que beneficiou a todos os Concellos da provincia para contratar a máis de 700 lucenses desempregados. Ó respecto, o Deputado subliñou que “moi bo tivo que ser para que a gran maioría dos Alcaldes do PP se sumasen a esta iniciativa malia a advertencia do señor Barreiro de non facelo. E moi bo tivo que ser para que a Xunta de Galicia no lo copie agora, presentándoo como un logro propio”.
Xestión económica: “cando nós chegamos á institución o PP quería asinar un crédito de 50 millóns de euros que superaría con creces o límite de débeda pública fixado para as institucións que era dun 110%. Nós, por 3º ano consecutivo, temos unhas contas saneadas e acadamos a estabilidade presupostaria grazas a un pionerio plan económico que aprobamos dende o principio. Ademais, vimos de reducir a débeda da institución amortizando para elo, 10 millóns de euros. Todo isto sen deixar de investir nin un só euro, e cumprindo o noso programa electoral con 6 meses de adianto. É dicir, non hai outra administración así en Galicia”.
Gandeiría: “tiñan unha granxa ilegal, sen licenza, onde distribuían embrións enfermos sen control veterinario. Tivemos que legalizala e poñer fin as gravísimas irregularidades que alí detectamos. Agora, estamos construíndo o 1º centro público de recría de gando en España malia que o Goberno feijoniano boicoteou este proxecto durante meses ó non concedernos a licenza imprescindible para iniciar os traballos, e a pesar de ter que asumir este revolucionario proxecto en solitario”.
Seguridade: “negáronse a construír parques de bombeiros sendo a única provincia galega sen cobertura antiincendios. Foi a Xunta gobernada polo PSOE e a Deputación tamén liderado polo PSOE quen desbloqueou a situación, creando o Consorcio Provincial de Bombeiros. Hoxe a rede provincial de bombeiros é unha realidade”.
Educación: “negábanse a apoiar a construción do centro nacional de educación a distancia en Lugo. Nós apoiamos e abrimos o centro da UNED en Lugo, logrando que 1.500 persoas non teñen que desprazarse cada ano fóra da provincia para estudar. Ademais, recuperamos o Hotel Miño, unha das operacións máis ruinosas na provincia que serviu ó PP para pagar o 1º caso de transfuguismo que se produciu en Galicia. O PP da Deputación de Lugo adquiriu este ben a un Deputado para comprar a outro Deputado e así amarrar a maioría absoluta na provincia”.
Medioambiente: “empregaban o Pazo de TOR para festas e cacerías ilegais, malvendendo o patrimonio público, e deixando morrer de fame e sede ós animais. Tivemos que regularizar toda a situación e recuperar a propiedade da finca”.
Fundación TIC: O Deputado demostrou, coas actas de traballo e un video, que o Partido Popular empregaba a Fundación TIC exclusivamente para cubrir actos deste partido. Traballos que pagaba con fondos públicos ó pasar as facturas ás arcas da administración. Soengas explicou que “empregaban a Fundación TIC para pagarlle cantidades astronómicas a unha empresa foránea e para estar ó servizo do PP, gravando ó señor Barreiro e o señor Castiñeira, non nos actos institucionais, senón nos actos políticos exclusivamente do Partido, despilfarrando os cartos que son de todos. Este equipo de Goberno fixo da TIC unha reputada escola de imaxe e son, a única da provincia na que ademais, antes ninguén quería estudar nela mentres agora hai lista de espera. Os profesionais da Fundación TIC traballan verdadeiramente ó servizo da provincia, informando ós veciños das actuacións da Deputación, dos acontecementos culturais que enriquen a Lugo, e colaborando coas asociacións o clubes sociais. Agora, por fin a TIC está verdadeiramente ó servizo da provincia”.
O Deputado concluíu, logo da proxección dun video que amosou a actividade do PP na provincia, sentenciando que “os feitos amosan que este equipo de Goberno logrou converte á Deputación nun escaparate da provincia, nunha institución transparente, aberta ós cidadáns e ó servizo dos Concellos. Senón fose pola Deputación dos últimos anos os municipios non sería capaces de superar á crise xa que non verían obras, nin novos empregos ou oportunidades económicas debido ó abandono o que nos ten sometido a Xunta do Partido Popular”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



