NOta de prensa:
O CONCELLO SOLICÍTALLE UNHA SUBVENCIÓN Á XUNTA PARA A MODERNIZACIÓN DUN TREITO DA RÚA SAN ROQUE. O IMPORTE DOS TRABALLOS ASCENDE A 80.000 EUROS E O PRAZO DE EXECUCIÓN SERÁ DE DOUS MESES. AS OBRAS, SEGUNDO FERNANDO SUÁREZ, DARÍAN COMEZO DESPOIS DAS FESTAS DA PATRONA.
Ribadeo, 19 de maio de 2011. O Concello ven de solicitarlle á Xunta, un ano máis, unha subvención para seguir co proceso de humanización e reforma dalgunhas rúas da vila. O Concello demanda axuda económica nesta ocasión para a modernización dun treito da rúa San Roque, o comprendido entre Ramón González e a praciña de San Roque. O importe dos traballos ascende a 80.000 euros e o prazo de execución será de dous meses. As obras, segundo o alcalde, darían comezo despois da festas da patrona, o vindeiro mes de setembro.
Fernando Suárez dixo que “nestes últimos anos estivemos traballando moitísimo en modernizar e actualizar unha serie de rúas, avenidas e espazos públicos, pero aínda quedan cousas por facer. Acabamos de pedir unha nova subvención dentro desta orde de concurrencia competitiva que desde hai anos a Xunta promove para renovar espazos públicos”. O rexedor sinalou que “agora xunto con aportación municipal pretendemos modernizar un treito importante da rúa San Roque, o comprendido entre a súa confluencia con Ramón González e a praciña de San Roque. Trátase dun treito quizáis non demasiado longo en distancia, pero sí moi importante porque concentra moito tráfico e moita xente andando”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “de aí que tamén co apoio que tivemos da Asociación de Comerciantes queremos levar adiante esta nova actuación que tería que acometerse despois das festas da patrona deste 2011. O custe total do proxecto de modernización e humanización deste treito da rúa San Roque ascende a uns 80.000 euros e o prazo de execución é de dous meses”. E explicou que “o que pretendemos é cambiar todas as beirarrúas, dado que a maioría das veces se atopan totalmente deterioradas as súas tuberías de saneamento, de auga, etc… queremos poñer esas beirarrúas de granito, aumentar o número de farolas e seguir humanizando con árbores, que é unha tónica que fixemos todos estes anos en moitas rúas e agora na primavera cando as árbores xa foron prendendo da gusto ver toda esta floresta que vai cambiando Ribadeo para ben e que tanta e tanta xente o valora positivamente”.
Suárez Barcia agarda que “como todos os anos, a Xunta cumpra o seu papel importante na financiación desta actuación, que si non hai novidade se iniciará despois das festas patronais”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



