Nota de prensa
Os populares lembraron que socialistas e nacionalistas “nun acto gravemente lesivo e feito ás agachadas” decidiu suspender os contratos para a redacción dos seus proxectos construtivos en algo máis da metade do trazado.
balseiro: “o mellor xeito de axilizar a vap da costa norte sería que non A tivera paralizado o ANTERIOR goberno bipartito”
O deputado popular sinala que o Goberno galego está a traballar para darlle o impulso necesario a esta obra, co fin de que a maior parte da infraestrutura (o 78%) estea en servizo dentro de catro anos e algúns dos treitos xa se poderán utilizar a partir do vindeiro ano.
A diferenza do acontecido durante a lexislatura de goberno de PSOE e BNG que afastaban ata o ano 2020 a súa finalización, hoxe existe un compromiso e un cronogramas concretos para a súa entrada en servizo de toda a infraestrutura que non pode ir máis aló do 2017.
Santiago, 24 de maio de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol indicou hoxe no pleno do parlamento que o mellor xeito de ter axilizado a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte (entre Ferrol e Barreiros) sería que non a tivera paralizado o anterior goberno bipartito. Foron os socialistas e nacionalistas os que máis dano fixeron a esta infraestrutura negandolle o impulso administrativo e económico necesario para facer realidade a vía chamada a unir o norte das comarcas da Mariña lucense, Ferrol, Eume e Ortegal.
Balseiro lembrou as palabras do Conselleiro do MATI, Agustín Hernandez que explicou que o actual Goberno galego se atopou fai dous anos coa maior parte dos tramos desta vía practicamente na mesma situación que quedaran en 2005. A maiores, o Executivo de socialistas e nacionalistas “nun acto gravemente lesivo e feito ás agachadas” decidiu suspender os contratos para a redacción dos seus proxectos construtivos en algo máis da metade do trazado -48,5 km- correspondentes aos tramos San Sadurniño – Campo do Hospital (20 km), Campo do Hospital – AC-101 (8 km), Os Ramos – Covas (12,5 km) e Celeiro – San Cibrao (8 km.)
CAMBIO DE GOBERNO POSITIVO
Afortudamente o cambio de goberno, permitiu mudar esta situación herdada e, tal e como recordou Balseiro Orol, “o Goberno galego está a traballar para impulsar esta obra, co fin de que a maior parte da infraestrutura (78%) estea en servizo dentro de catro anos, e no obxectivo de que nalgún dos treitos xa se poderán utilizar a partir do vindeiro ano”. O deputado popular insistiu en que a diferenza do acontecido durante a lexislatura de goberno de PSOE e BNG que afastaban ata o ano 2020 a súa finalización, hoxe existe un compromiso e un cronogramas concretos para a súa entrada en servizo de toda a infraestrutura non máis aló do 2017.
Balseiro tamén sinalou como paradóxico que o PSOE reclame á Xunta aquelo que non é capaz de cumprir o PSOE desde Fomento co tramo da súa competencia. De feito hoxe os 30 quilómetros do treito estatal do corredor da costa entre San Cibrao e Barreiros nin tan sequera teñen definido por onde pasarán, nin están marcados no mapa, nin pasados preto de dous anos están resoltas as alegacións que por lei deberían responderse en catro meses.
O PP INVESTIU MÁIS DO DOBRE QUE O BIPARTITO
No ámbito económico Balseiro Orol lembrou que fronte aos 16,9 millóns de euros destinados a esta vía entre 2006 e 2009, dos que só se investiron realmente 1,5 millóns, a Xunta de Galicia consignou nos orzamentos de 2010 e 2011 arredor de 39 millóns de euros, máis do dobre de toda a pasada lexislatura. Ademais adxudicou e iniciou as obras do primeito treito lucense, o que une San Ciprián con Celeiro, que conta cun orzamento superior aos 30 millóns de euros.
Balseiro Orol concluíu que tanto a Xunta de Galicia –durante o debate da interpelación- como o Grupo Parlamentario Popular insisten de novo a súa plena vontade de actuar nesta vía de vertebración do litoral das provincias da Coruña e Lugo, e faranno axustando ao máximo posible os prazos marcados no Plan MOVE para cada un dos tramos.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



