Nota de prensa
ATA O VINDEIRO 8 DE XULLO ESTÁ ABERTA A MATRÍCULA PARA INSCRIBIRSE NO CURSO DE VERÁN DA USC A TORRE DOS MORENO E A ARTE DO SEU TEMPO.
Ribadeo, 24 de xuño de 2011. Ata o 8 de xullo está aberta a matrícula para inscribirse no curso de verán da USC A Torre dos Moreno e a arte do seu tempo, que hoxe foi presentado no Concello. Durante os 3 días de celebración analizarase a singularidade da Torre dos Moreno dentro da arte galega e o fenómeno indiano.
A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “a temática do curso de verán que facemos coa Universidade de Santiago vai sobre a Torre dos Moreno. Terá lugar no salón de actos da Casa do Mar os días 20, 21 e 22 de xullo. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 8 de xullo”. E subliñou que “este curso ten créditos de libre configuración, ten 1 crédito para as diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas e ten 2 créditos optativos para as titulacións de Grao adaptadas ao EEES. E estáse a tramitar coa Consellería de Educación o recoñecemento do curso como actividade de formación do profesorado”.
A edil nacionalista lembrou que “as persoas que precisen máis información sobre o contido do curso entren na páxina da Universidade de Santiago ou na páxina web do Concello”. E convidou “ao resto do público que poida estar interesado en asistir a algunha das conferencias a que o faga”.
Pola súa banda o secretario do curso, Diego Rodríguez Paz, sinalou que “estas xornadas nacen coa vontade de presentar un achegamento á Torre dos Moreno, desde o punto de vista histórico-artístico e para iso partindo do estudo dunha obra singular como tema central que serve de fío conductor a todas as ponencias do curso ábrense varias perspectivas. Por unha banda, contextualizar a arte galega coma unha escola diferenciada con todo o que isto leva implícito de identidade propia e por outra, destacar a singularidade da Torre dos Moreno dentro da arte galega e o fenómeno indiano”.
Segundo Rodríguez Paz “o curso tentará afondar no contexto sociocultural galego de finais do século XIX e comezos do XX e no que varios expertos abordarán o tema cun enfoque interdisciplinar que abarque desde a historia, ata a arquitectura, as artes plásticas, a música ou a lexislación sobre patrimonio. Para iso contamos con algúns poñentes vinculados á Universidade de Santiago como poden ser José Manuel López Vázquez, Juan Monterroso, Ramón Villares ou Lourenzo Fernández Prieto e outros vinculados a Ribadeo como Carlos Álvarez Lebredo ou Ernesto Cruzado






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



