Nota de prensa:
HOMENAXE A ALFONSO CRESPO FERNANDEZ, 1932—2008
“HOMENAXE A GOYA: OS CAPRICHOS EN COLOR”
Alfonso Crespo foi debuxante, pintor ó óleo e a acuarela, gravador e artista en outros xéneros , como o collage ou os traballos sobre acrílico ou o gouache.
Alfonso Crespo Fernández, nace en Ferrol o 17de abril de 1932, ciudade na que falece o día 25 de noviembre de 2008. De temperá vocación, realiza a sua primeira exposición en 1959, na exposición de artistas noveles de Ferrol. Domina a técnica do debuxo, a cor e as formas, cultivou a pintura do natural, paisaxes e bodegóns, o xénero romántico, o impresionismo, o expresionismo, o abstracto…
En 1968, funda con outros xóvenes artistas ferrolans o grupo “O Grilón”, con, entre outros o pintor Luis Calvo, que ainda que nacido en Marín vive e pinta en Ferrol. Expuxo a sua obra en toda a xeografía galega, pero tamén en Madrid, Barcelona ou Valladolid.
Autodidacta, realizou diversos cursos para mellorar a sua técnica, en debuxo, pintura, e finalmente en grabado e técnicas asociadas.
Acto que terá lugar o vindeiro Venres, 01 de Xullo ás 20,00 horas no
Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO.
(Esta exposición permanecerá aberta do 01 de Xullo ó 4 de Agosto do 2011)
Alfonso Crespo, experimenta constantemente, tanto en técnicas, materiais, soportes, conceptos e temáticas. Dialoga co gravado, collage e a pintura. Da abstración con iconografías, buscador de novas formulacións nos que o mundo dos soños, a capacidade de recrearse a si mesmo, do símbolo, a elaboración da materia e a necesidade de dominio da técnica predominan, mergúllase no discurso do diálogo, obtendo unha panorámica sincrética, na que conxuga a súa necesidade de cambio constante.
Nos seus collages pretende asentar a materia, pero afastándose da necesidade de afirmar o seu grosor, senón representando o espazo, a sutilidade, para mostrar o efímero da existencia. A súa formulación espacial é fundamental, porque o necesita para expresar a forza do símbolo, que exhibe o seu poderío de xeito discreto, pero que se axiganta a partir da amplitude que o rodea, introducindo a facultade de ser perseverante na potenciación das ideas que transforman a composición se se estuda con detemento.
Na súa obra de gravado oscila desde a abstración, pasando polo culto iconográfico ata conseguir unha creación baseada no complexo da temática, mostrando unha clara presenza de elementos soltos que, ganduxados, descobren as súas verdadeiras intencións. O sincretismo predomina na súa obra pictórica, acuarelas caracterizadas pola súa contraposición harmónica entre a figuración e a abstración, xeometría, iconas, símbolos e estructuración orgánica. Hai rostros que ocupan un lugar predominante na composición, que expresan a súa facilidade en ser un buscador empedernido doutros mundos dentro do noso.
Captador de ambientes, situacións e influencias, nos que a xeometría está sempre presente, acompañando o seu ordenado caos, o seu predominio da compartimentación, do deixar fluír as cousas, xuntando rostros, formas e liñas. Albíscase a composición asimétrica, que se expresa a través dos símbolos.
A cor ocupa un importante papel dado que determina as zonas, delimita espazos, nutrindo coa súa presenza o destino da idea, remarcándoa como unha ncesidad de dotala de personalidade engadida. Cor que se suxeita ao debuxo, que se concentra por zonas, que non supón un desbordamento, senón unha consecuencia da súa necesidade de explicar mellor os conceptos que lle preocupan.
Gusta das combinacións temáticas e da mestura de conceptos, dentro dun certo carácter surreal implícito, aínda que non buscado de forma metódica. Dominador da escritura automática, do deixar fluír, expresando coa maior naturalidade un caos que se vai ordenando aos poucos, de forma case inxenua, na que destaca a súa vontade de crer nun marasmo existencial no que exhibe todas as súas preocupacións, anhelos e temores, pero tamén o seu pasado, influencias e o seu devir futuro. Dentro deste estado de cousas constatamos unha clara ambigüedade calculada, inocencia insinuada nun contexto no que predomina a verdadeira posibilidade de coñecer a idiosincrasia do suxerido, para entreterse coa complexidade dos pensamentos deslavazados que, con todo, teñen a coherencia precisa de quen sabe mover os seus fíos.
Joan Lluis Montané
Da Asociación Internacional de Críticos de Arte.
Vostede é un pintor, ve con ollos de pintor.
Benjamín Palencia (Barcelona 1972)
Non sabemos que novas calidades alcanzará Afonso Crespo no futuro. Ilas descubrindo será tarefa apaixoante. Pero o que si podemos afirmar é que, xa agora, atopámonos ante un auténtico pintor e isto é menos frecuente do que parece.
Xullo Pérez López de Gamarra.
Bo debuxante e bo técnico, ten amplo campo no tratamento da cor, tan fluidamente e áxilmente como el o fai, para significarse nun comportamento pictórico non demasiado frecuentado pola xeneralidade dos pintores. Polo menos na proporción e coa garra que emprega este expositor. Regino Barbeito.
Seguro que non descubro nada, se digo das grandes posibilidades reprodutivas deste enorme pintor que sabe, cunha luz ou cunha veladura, cunha pincelada breve, pero vigorosa, ás veces apenas insinuada, infundir tanta queda poesía en cada cadro, en virtude dunha simplificación de formas a que conducen as súas composicións ata deixalas plasmar o que considera esencial. E. González Martí
Equilibrio na composición, equilibrio na estructura morfolóxica, equilibrio nos ritmos, case nada falta, case nada sobra. É certamente a obra adulta, dun pintor adulto. Ambar




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



