Nota de prensa
O Ministerio de Medio Mariño reacciona tardiamente en apoio da flota que participa na costeira do bonito ante as presións da Xunta, do Partido Popular e ante o crecente malestar do sector que se sentía abandonado
OS POPULARES PRESENTARON EN BURELA AS INICIATIVAS DIRIXIDAS A EVITAR NO FUTURO A SITUACIÓN DE ABANDONO NA QUE O MINISTERIO SITUOU DURANTE SEMANAS Á FLOTA BONITEIRA
Balseiro Orol insta ao Executivo central a convocar, no futuro, a reunión de coordinación coas comunidades autónomas con caracter previo ao inicio da campaña de pesca e a despregar o operativo de apoio desde o primeiro día da costeira e nunha soa fase
Este ano fixeron falla catro semanas despois de iniciada a costeira do bonito para que o Executivo central convocara e desenvolvera a reunión encargada de perfilar o operativo de apoio á flota
A día de hoxe nin o patrulleiro da Armada Chirreu, nin o buque hospital do Instituto Social da Mariña, Juan de la Cosa, acompaña á flota amosando a falta de interese do Ministerio e a desprotección destes traballadores ante calquera incidencia
Burela, 8 de xullo de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, presentou en rolda de prensa acompañado de Jose María González Barcia, alcalde de Burela -o principal porto pesqueiro para a flota do bonito- varias iniciativas parlamentarias coas que pretenden evitar que volva a producirse, no futuro, a situación de abandono na que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño deixou durante semanas ás embarcacións que participan na costeira estival de pesca deste túnido.
Este ano fixo falla que transcorreran preto de catro semanas para que o Ministerio reaccionara –ainda que sexa tardiamente- e, en resposta ás presións da Xunta, do Grupo Parlamentario Popular e ao crecente malestar do sector pesqueiro galego, convocara e puidera ter lugar a reunión coas comunidades autónomas na que se perfilou o groso do operativo loxístico que se despregará en apoio das embarcacións pesqueiras que participan na costeira do bonito.
Aínda que se felicita polo que asegura é unha “rectificación do Ministerio socialista na súa estratexia de abandono á flota” o voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lamenta a “improvisación e falta de profesionalidade” coa que actúa o Executivo central ante unha costeira que, pola súa periodicidade anual, e pola importancia que ten dado elevado número de embarcacións que participan, “debera non só estar mellor organizada, senón tamén, dispoñer do conxunto dos medios navais e aéreos de apoio, desde o primeiro día -insiste-, alá por mediados do mes de xuño”.
REUNION PREVIA E DESPREGUE LOXÍSTICO INMEDIATO
A iniciativa parlamentaria dos populares reclamará ao Ministerio que para os vindeiros anos a reunión de coordinación coas comunidades autónomas teña lugar en datas anteriores ao inicio das costeira e que o propio despregue do operativo loxístico de apoio á flota, se efectúe nunha soa fase e desde o primeiro día no que ten lugar o inicio da campaña de pesca.
Os populares sempre sospeitaron que detrás desta situación de abandono da flota había intereses económicos. Balseiro Orol teme que o Executivo central pretendera aforrarse os cartos que implica este despregue loxístico moi a pesar de que os tripulantes destas embarcacións que faenan en augas do Atlántico, próximas ás Azores, poderían verse necesitados dunha axuda e colaboración que este ano non existía ou estaba mermada sustancialmente.
NIN O BUQUE DA ARMADA, NIN O BUQUE HOSPITAL
“Neste momento podemos asegurar que o buque hospital, Juan de la Cosa, propiedade do Instituto Social da Mariña non acompaña á flota, deixando desprovistos a todos estes traballadores ante calquera eventualidade médica” explicou Balseiro- “E tampouco desprazado á zona de pesca o buque da Armada, o Chilrreu, o que implica poñer en perigo a seguridade dos tripulantes. Ademais os mecánicos, mergulladores, e outros profesionais que normalmente asisten aos buques boniteiros e que forman parte da tripulación do Chilrreu tampouco asisten á flota ante calquera eventualidade como era habitual noutras campañas”.
Durante estas case catro semanas de espera -desde que a mediados de xuño a maior parte da flota galega iniciara a costeira- os tripulantes destas embarcacións atopábanse nunha situación “nunca antes vista” de “desamparo e desprotección”. O Executivo socialista non só non tiña desprazados ata a zona de pesca os buques que habitualmente acompañan á flota boniteira, senón que nin tan sequera deu resposta aos ofrecementos da Xunta que puxo a disposición do Ministerio, como fai cada ano, medios aéreos e navais para reforzar o operativo de apoio a esta flota.
Neste senso, Balseiro aplaudiu a decisión da Consellería do Mar de reclamar a celebración da xuntanza de coordinación, e lamentou que tivese que ser a raíz desta petición cando se dispuxese por parte do Ministerio, ainda moito máis tarde do que viña sendo habitual e xa sen escusas, a totalidade do operativo loxístico. Así, o voceiro popular de Mar destacou a importancia da achega da Xunta a este operativo, que incluirá ao buque polivalente Sebastían de Ocampo e os helicópteros do Servizo de Gardacostas Pesca 1 e Pesca, estes últimos para colaborar coa flota sita no Golfo de Biscaia. Para Balseiro, este apoio amosa á claras a preocupación do departamento de Rosa Quintana por esta flota e esta actividade, á que tamén contribúe o executivo autonómico cunha campaña de promoción comercial do bonito do norte.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



