A EIS, a única escola de Imaxe e Son da provincia, cubre por 4º ano consecutivo a cota de prazas
– Máis de 50 persoas formularon a súa preinscrición para optar a unha das 44 prazas nos ciclos de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos”
– Mañá publicarase a listaxe de admitidos para que, dende o vindeiro xoves e ata 22 de xullo, realicen sen custe algún e en horario de mañá a matrícula na sede do centro
– As persoas en lista de espera terán unha nova oportunidade de estudar na EIS en setembro ó abrirse de novo o prazo de inscrición tendo en conta as posibles baixas
– O éxito de convocatoria prodúcese dende 2009 logo de que o Goberno provincial establecese a matrícula gratuíta e incrementase nun 300% as prácticas en empresas
Máis de 50 persoas formalizaron a preinscrición de matrícula para o curso 2011-2012 na Escola de Imaxe de Son (EIS) da Fundación TIC. O centro dependente da Deputación, o único na provincia que imparte ensinanzas da familia audiovisual, ofrece un total de 44 prazas para estudar o vindeiro ano os ciclos superiores de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos”, dotados con 2.000 horas lectivas e dous cursos académicos cada un. Isto supón que, por 4º ano consecutivo, a EIS volta cubrir a cota de prazas dispoñibles, quedando solicitantes en lista de espera.
Mañá, martes 12 de xullo, publicarase a listaxe definitiva de admitidos. Os beneficiados deberán entón formalizar a súa matrícula entre o 14 e o 22 de xullo. Para elo, terán que desprazarse á sede do centro educativo, situada na rúa Frei Prácido Rei Lemos, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente a entregrar, pódese descargar no espazo www.fundaciontic.org. As persoas que queden en lista de espera terán una nova oportunidade de acadar unha praza en setembro, data na que se voltará a abrir o prazo de inscrición tendo en conta as posible baixas que se produzan.
Dende 2009, o EIS cubre o 100% das súas prazas. Este éxito de convocatoria débese por una lado, ás facilidades económicas de acceso, así como á recoñecida calidade formativa que acadan os estudantes. E é que en dita data, o actual equipo de Goberno provincial, facendo un esforzo inversor e apostando pola educación gratuíta, estableceu que a matrícula da escola supuxerá un custe cero para os alumnos. A maiores, marcou como eixo fundamental a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, logrando que os estudantes acadasen unha preparación vencellada directamente ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Como exemplo da calidade formativa, este ano un estudante do EIS logrou o único premio Extraordinario de Imaxe e Son que se concede en Galicia, optando agora ós mesmos galardóns a nivel nacional.
Para garantir a preparación dos alumnos, dende 2009 a Fundación TIC incrementou en máis dun 300% os convenios con asociación socioculturais, deportivas e empresas da provincia. Só o ano pasado, a Fundación asinou 44 convenios, nos que participan bolseiros da Escola, co obxectivo de que complementen a súa formación e tomen contacto co mundo laboral. Asimesmo, a TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais do sector audiovisual.




















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



