Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ RECLAMÓULLE HOXE DE XEITO INSTITUCIONAL E OFICIAL A XOSÉ VÁZQUEZ PORTOMEÑE O ACCESO PENDENTE DESDE A A-8 A RIBADEO EN SENTIDO ASTURIAS, O AGLOMERADO DA N-642 ENTRE PORTO E A VILA E UN PLAN COORDINADO DE ACTUACIÓN NA PRAIA DAS CATEDRAIS.
Ribadeo, 11 de xullo de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, reclamóulle de xeito institucional e oficial ao subdelegado do Goberno en Lugo, Xosé Vázquez Portomoñe, o acceso desde A-8 a Ribadeo en sentido Asturias, o aglomerado da N-642 entre Porto e a vila e un plan coordinado de actuación na praia das Catedrais. O rexedor aproveitou a presenza de Portomeñe en Ribadeo, a onde acudiu para participar na xunta local de seguridade.
Fernando Suárez comentóulle a Vázquez Portomoñe que “as cuestións que teñen que ver cos ministerios e co Goberno e co que lle adeban a Ribadeo, estou francamente disgustado en moitos aspectos, él é sabedor, e hoxe quero aproveitar para dicirllo dun xeito institucional e formal. Son cousas que están recibindo respostas por parte dos ministerios a través de preguntas presentadas polo meu grupo no Congreso dos Deputados, que tamén afectan á seguridade pública como por exemplo o acceso da A-8 a Ribadeo e que nin está nin se lle espera. Outras cuestións que están pendentes, pero que non se dan resolto, como é o aglomerado da N-642 de Porto a Ribadeo, levan eternamente facendo o proxecto”.
O alcalde de Ribadeo pediulle colaboración entre as forzas de seguridade do Estado e a Policía Loca, “debo seguir pedindo a colaboración, porque teño as dúbidas de que así sexa, a colaboración que eu sempre ofrezo por parte das forzas municipais, que son moi pequeniñas pero moi importantes, porque axudaron a resolver aspectos importantes en Ribadeo. Quero que se siga a manter a colaboración, dame a sensación que cando nos reunimos a nivel institucional empeza a habela, pero logo vai decaendo. Sei que as estadísticas son favorables, pero hai moito máis do que había e a xente asústase, disgústase e carga contra os responsables políticos do Estado, da Xunta e do Concello e con razón”.
Ocio nocturno
Suárez Barcia tamén aludiu aos ruidos e ás queixas veciñais que se rexistran por culpa do incumprimento de horarios de peche por parte dalgúns establecementos de ocio nocturno en Ribadeo, “nós somos uns dos que tiramos do carro, haberá un montón de actas por ruidos, pero non vexo ningún pechado nin a nivel cautelar siquera, os únicos que se pechan son os que o Concello decreta en materia de ruidos. En materia de horarios haberá 50.000 denuncias non o nego, pero non sei onde quedan, supoño que na Xunta, pero debera haber unha coordenación entre Estado, Xunta e Concello tamén para ver qué pasa, porque detecto unha cousa que non pasaba ata hai tempo e é que se está a incrementar a tensión entre os establecementos de ocio nocturno, hai xente que cumpre e que está moi disgustada co procedemento que temos Xunta, Estado e Concello xa que hai xente, unha minoría, que fai o que lle peta e non lles pasa absolutamente nada e hai outra xente que cumpre co seu horario e teno que facer para non ser multado. Non teño vocación de verdugo, pero quero que todo mundo cumpra a lei e si hai dous ou tres locais que teñen que pagar a penalidade de non cumprir a lei pois que a cumpran dunha vez”.
Areal desatendido
O alcalde de Ribadeo lamentou “a desatención por parte de todos da área e do entorno do monumento natural da praia de As Catedrais. Ninguén nos axuda absolutamente a nada, a racanería autonómica só nos da 10 socorristas de 16, o resto témolo que costear con fondos do Concello. Non é un ámbito de actuación directa da Policía Local e temos que ir agora, este ano hai un policía alí durante a época estival. Na semana santa tiven que decretar que a Policía Local e Protección Civil estivesen alí, pero non se viu que as outras forzas de seguridade estivesen pola zona. Iso é unha marea humana, parece o santuario de Fátima, que entre todos estamos a conseguir que se estea a degradar nos últimos 20 anos o que non se degradou nos mil anteriores”. O rexedor lembrou que “pedín e convoquei unha xuntanza coa Xunta, a Deputación e o Estado e os que me acabaron vindo foron técnicos da Deputación e da Xunta, déronme a razón en todo, eran máis ambiciosos nas medidas que nós propoñíamos, pero a fin de contas os técnicos non mandan, mandan os políticos”.
Fernando Suárez manifestou “véxome só, non por iso teño medo, eu creo que sós podemos facer moitas cousas a nivel municipal con ou sen axuda, pero lamentoo. Sen dúbida recuperamos a bandeira azul, sen dúbida contaremos con outros recoñecementos e sen dúbida faremos máis cousas, pero tamén cando as fagamos non quero que veñan por aquí a darme a man, quero colaboración e quero poñerlle a alfombra vermella a todo o mundo que faga cousas por Ribadeo, pero en materia de seguridade pública deberíamos estar máis coordinados, máis aló de puntuais xuntas locais de seguridade. A circunstancia da praia das Catedrais é de tumulto moitas veces, fotografías que saen na prensa nas que 700 persoas queren abandoar o areal é de tumulto. A praia non é o do Concello, os vestiarios e os servizos non son municipais, sí que temos que ver co salvamento e pouco máis, pero estamos a facelo todo porque nos interesa que non pase nada. É algo que debéramos abordar nunha mesa co Estado, Xunta e Concello”.
O rexedor de Ribadeo quixo “poñer as cousas enriba da mesa porque as xuntas locais de seguridade deben valer para algo, confío en que o subdelegado lle tire das orellas aos responsables políticos do Estado que teñen que vir por aquí e non veñen a abordar aspectos de seguridade pública”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



